28 de maio de 2012

A GUARDA

A FOSA COMÚN E O CEMITERIO CIVIL DE SESTÁS PRECISAN QUE ALGUÉN LEVE A CABO NESES RECINTOS O NECESARIO MANTEMENTO PERIÓDICO

Así estaba á Fosa Común de Sestás, na tarde do pasado sábado día 26 de maio de 2012

Infogauda / A Guarda

A Fosa Común de Sestás, no termo municipal de A Guarda (Pontevedra), non presenta o mellor aspecto posible. Sería desexable que á Comisión Pro-Fosa Común, que estivo presidida por Manuel Domínguez Pacheco (Taxota) ata seu pasamento, e da que formaban parte diversas persoas da localidade, voltase a asumir a xestión directa do mantemento dese recinto. Con todo o que iso conleva. 



Coidamos que polo que significa ese lugar, e porque constantemente é visitado por persoas de A Guarda e tamén procedentes doutros lugares da Península, a Fosa Común de Sestás, debe ter un mantemento periódico, como o tivo ó longo de varios anos en que Manuel Domínguez Pacheco e súa compañeira Concepción Andrés García (Concha), coa colaboura de outras persoas da devandita comisión, estaban pendentes desa labor que realizou durante un tempo Juan González e posteriormente, por renuncia dese veciño de Salcidos, asumiu esa tarefa outra persoa.
A herba ten unha altura que indica ben as craras, que hai semanas que non "se lle pasa o fío", como se dí coloquialmente.

Grazas as achegas económicas que oportunamente foron xestionadas polos seus compoñentes, a Comisión Pro-Fosa Común non somentes levou a bó termo ás obras de dignificación dese lugar, senón que se ocupou durante anos, de tódalas tarefas que conlevan seu mantemento.
Como os fondos crematísticos non duran a perpetuidade, á Comisión Pro-Fosa Común agradece tódalas colabouras posibles e un xeito moi importante de colabourar é que alguén se ocupe de sega-la herba cando é necesario. Como queira que esa prestación persoal non está tendo a frecuencia idónea, desde Infogauda coidamos que debe procurarse atopar unha solución. Por iso, consideramos que á Comisión Pro-Fosa Común debe retomar esa tarefa. En todo caso, é unha proposta que non pretende excluir a ninguén. Agora ben, o que non se pode aturar é que a Fosa Común de Sestás non amose o axeitado estado de revista que sería desexable.
A herba medra, sobor de todo coas choivas de abril e de maio, con intervalos de sol, que fan que á vexetación creza, porque iso é o natural. O que non é tan natural e que  a herba acade unha altura que evidencia unha falla de mantemento, como tamén acontece no recinto do cemiterio civil, cuia titularidade lle corresponde o concello de A Guarda.
Por iso, unha vez máis, temos que recramar que ás persoas que asumiron á tarefa de cortar á herba, o fagan con regularidade, e se non están dispostas a face-lo, que o digan, e xa se lle atopará solución.

Aspecto que presentaba o cemiterio civil de A Guarda, na tarde do pasado sábado día 26 de maio de 2012.

Ningún comentario:

Publicar un comentario