2 de xuño de 2012

A GUARDA

EDITORIAL

O GRUPO MUNICIPAL DE GOBERNO SEMELLA NON INTERESARLLE QUE SE COÑEZA O PROXECTO DE AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA PARA Á DISTRIBUCIÓN DE GAS NATURAL NO TERMO MUNICIPAL DE A GUARDA

O grupo maioritario da Corporación Municipal do concello de A Guarda - que ostenta á responsabilidade do goberno local -, semella non ter interese en que á cidadanía de A Guarda poida acceder o proxecto de autorización administrativa para á distribución de gas natural no termo municipal de A Guarda, promovido por Gas Galicia SDG, S. A.. Esa falla de interese, alomenos aparente, quedou de manifesto este sábado día 2 de xuño de 2012, cando un redactor de Infogauda, considerándose - como calquer outro veciño -, lexítimamente interesado, acudiu á Casa do Concello, e dentro do horario estabrecido para elo, preguntoulle o funcionario que se atopaba de servizo, onde podía consulta-lo devandito proxecto. O empregado público, respostoulle que non lle habían deixado á documentación. Polo tanto, o redactor deste xornal dixital, non puido examina-lo proxecto, a pesares de que éste ainda se atopa en período de exposición pública e de haber accedido ás dependencias municipais - exemplo notorio da súa laberíntica, obsoleta e ata perigosa distribución, con acumulación de arquivos definitivos de diversa documentación, ubicados en lugares non axeitados, que ademáis restrinxen o espazo útil para o normal desenvolvemento laboral do persoal municipal -, en horario hábil. Dese xeito pudemos comprobar que o grupo chamado de goberno - dalgún xeito tiña que chamarse - semella ter presuntamente, un nulo interese en que os veciños coñezan o mencionado proxecto de autorización administrativa para á distribución de gas natural no termo municipal de A Guarda, promovido por Gas Galicia SDG, S. A.. Por ese motivo, o   prazo de 20 días para examina-lo e presentar alegacións vése limitado, especialmente para aquelas persoas que teñen obrigas laborais, toda vez que o alcalde e seu grupo municipal non lle facilitan os veciños o acceso á información. Esa actitude, que desde Infogauda denunciamos e reprobamos públicamente, ven a confimar a escasa categoría política de algúns cárregos públicos. Dos mesmos que predicaban unha cousa cando se atopaban na oposición e actúan de outra ben distinta, cando son goberno. Velaí, a volubre persoalidade de algúns que demostran unha vez máis, como entenden eles a democracia. Como a "lei do funil". A parte ancha para eles e algúns afins, e á estreita para á maioría dos cidadáns.
Desde Infogauda consideramos que polo alcance que se supón vai te-lo desenvolvemento do devandito proxecto debera ser motivo suficiente para leva-lo polos principais barrios do termo municipal, e dese xeito achega-lo o maior número posible de veciños, ofrecéndolles de xeito neutral e desinteresado, á máxima información. Iso sería un exemplo de transparencia. Algo que algúns invocaban nos seus días de longa e persistente oposición - o cal nos parece moi lexítima - e agora son eles mesmos, os que tentan, presuntamente, limita-la, valéndose de calquer artimaña política. Porque estimados lectores, cando se trata de asuntos desa transcendencia, non valen disculpas. Non cabe lugar o posible esquecemento. 
Visto o visto, o procedente e o máis coherente, sería á ampriación do prazo de exposición pública do devandito proxecto. A menos que a algúns non lle interese que se coñeza. Que todo pode ser.

Ningún comentario:

Publicar un comentario