11 de xuño de 2012

A GUARDA

COMPROBADO: O GRUPO MUNICIPAL DE GOBERNO OBSTRÚE Á LABOR DE INFORMACIÓN OS VECIÑOS

A pesares de atoparse o proxecto de autorización administrativa para á distribución de gas natural no termo municipal de A Guarda, promovido por Gas Galicia SDG, S. A., en período de información pública, e os sábados ser días hábiles para que os veciños poidan exercer seu dereito de examina-lo, o grupo municipal de goberno do concello de A Guarda, conculca ese dereito, o non facilitar o acceso á documentación. Así o pudemos comprobar os sábados días 2 e 9, respectivamente, do presente mes de xuño, cando acudimos a Casa do Concello, e dentro do horario establecido para elo, quixemos acceder o devandito proxecto. A resposta que nos deu na primeira das visitas, o funcionario que se atopaba de servizo, foi "(...) non me deixaron esa documentación. Normalmente cando hai algo así, a deixan, pero esta vez non me deixaron nada (...)".
Na segunda visita, que tivo lugar o pasado sábado día 9 de xuño, o funcionario que estaba de servizo, expresou súa solpresa cando lle preguntamos pola devandita documentación, preguntándonos se ainda se atopaba en período de exposición pública, para a continuación facer un par de chamadas telefónicas desde un teléfono móbil - unha delas, o parecer, á Secretaria do Concello e outra a un funcionario que reside no termo municipal de A Guarda -, e deseguido facer amago de tentar abrir caixóns de mesas de oficiña - que lóxicamente se atopaban pechados por estaren ausentes seus respectivos usuarios -, e posteriormente ir en dirección o departamento de urbanismo, na procura da documentación correspondente, voltando, como era de imaxinar, coas máns valeiras.  Desde Infogauda valoramos moi positivamente o ánemo de colabourar connosco das persoas que nos atenderon en cadansúa visita ó concello.
Lamentablemente comprobamos como o grupo municipal de goberno "contribúe" a que os veciños estén o tanto das cousas que se tratan no concello de A Guarda. Porque podíamos entender que un día, "se esquecesen", digámo-lo así, de deixarlle á documentación á persoa que vai a estar nas dependencias municipais na mañá do sábado. Pero que ese suposto "esquecemento" voltase a producirse o sábado seguinte, demostra as craras que o alcalde e seu grupo de goberno non están pola labor de que os veciños poidan examinar o devandito proxecto. E así o fixemos constar a traverso de un escrito (rexistro de entradas nº 3.653) que presentamos no Concello de A Guarda, o sábado día 9 de xuño, no que ademáis de manifestar que os días 2 e 9 de xuño non pudemos acceder á documentación correspondente, consideramos que o grupo municipal de goberno obstrúe á labor de información os veciños. 




Infogauda



NOVA RELACIONADA

Ningún comentario:

Publicar un comentario