3 de xuño de 2012

A GUARDA

UN INMOBLE DA FUNDACIÓN MANUEL OTERO E JOAQUINA SOBRINO ESTÁ PECHADO SEN NINGÚN TIPO DE UTILIDADE PÚBLICA E SOCIAL

 O inmoble e súa horta anexa, está ubicado na confluenza das rúas Hernán Cortés e Calvario


Infogauda / A Guarda


Sen razón aparente que o xustifique, unha casa - e súa correspondente horta -, que pertence á Fundación Manuel Otero e Joaquina Sobrino, leva anos sen que cumpla, presuntamente, ningún cometido, xa que ás persoas que usufructuaban ese inmoble - como vivenda e como local de negocio -, deixaron de facelo fai bastante tempo. A día de hoxe, na fachada principal da casa - que da a rúa Hernán Cortés, esquina coa rúa Calvario - ainda se poden ollar un rótulo comercial e un dispositivo acústico e óptico, do sistema de alarma que posuía o aludido establecemento que o longo de moitos anos funcionou como tenda de alimentación e como estanco. Como queira que á persoa que usufructuaba a vivenda faleceu fai xa uns cantos anos, súa familia trasladou á actividade do estanco para outra ubicación. Desde ese intre, a casa que pertencera o matrimonio formado polo indiano natural de A Guarda, Manuel Otero Lomba e Joaquina Juana Sobrino Alonso, e que forma parte do patrimonio inmobiliario da fundación que leva o nome deses cónxuxes, deixou de cumplir calquer tipo de función. Por esa razón, desde Infogauda propoñemos que os patronos da devandita fundación benéfica, valoren á posibilidade de darlle unha utilidade pública e social. Probablemente, con carácter previo, será preciso verificar o estado de habitabilidade do inmoble e redactar un estudo técnico coas correspondentes propostas de medidas correctoras que se estimen oportunas, así como o orzamento que conlevaría, e traballar decontado na procura do financiamento das obras máis urxentes, que deben levarse a cabo. Todo elo para evitar, por exemplo, que á cuberta se veña abaixo e evitar á ruina desa casa, que ten diversas posibilidades. Non imos adiantar ás nosas propostas, porque coidamos que ninguén mellor que ás traballadoras sociais do concello de A Guarda, coñecen ás necesidades de moitas das persoas que atenden no seu labor cotián.
O que sí afirmamos é que o pobo de A Guarda non debera desaproveitar unha casa en pleno centro histórico - do pouco que ainda queda na vila - e permitir que pola inacción e o desinterese, remate caíndose o chán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario