18 de xul. de 2012

A GUARDA

A XUNTA DIRECTIVA DO CENTRO SAN XEROME INFORMARÁ O VENRES Á SITUACIÓN DE RETRASO NOS PAGOS NOS CONTRATOS QUE A ASOCIACIÓN TEN COA XUNTA DE GALICIA

Feliciano Valcarcel / A Guarda

Este venres 20 de xullo terá lugar as 18:00 horas unha roda de prensa no centro S. Xerome Emiliani na que a Xunta Directiva da asociación exporá a situación de retraso nos pagos nos contratos que a asociación ten coa Xunta de Galicia así como co concerto educativo e Centro especial de emprego e as graves consecuencias que esto ten para a nosa Asociación.

Trátase de un momento especialmente delicado para o noso sector, non somente polos recortes que temos que soportar, sinon por a imposición dunha política que non duda en tomar este tipo de medidas (atrasar os pagos) sin ter en conta  as graves consecuencias que teñen para o noso sector.

Ningún comentario:

Publicar un comentario