20 de ago. de 2012

OIA

INSEGURIDADE VIAL EN VILADESUSO (PORTO SENÍN)



Infogauda / Oia

A empresa ACCIONA INFRAESTRUCTURAS, S.A. está rematando en Porto Senín unha "isleta" que non cumpre as medidas mínimas de seguridade, resultando moi perigoso para os peóns, xa que os arcéns ou bermas asfaltadas ten medidas irregulares e en algúns puntos menos de 60 cm de ancho, ademais o escalón con respecto a cuneta (zona sen asfalto) e de máis de 15 cm. O máis sangrante e que se dispón de espazo para asfaltar bermas máis anchas, pero a seguridade dos viandantes non debe ser o máis importante para a empresa constructora.


A maiores hai que engadir que ninguén solicitou dita obra en Porto Senín e que non hai zona de estacionamento para os veciños e veciñas, pescadores e surfeiros que disfrutan desa zona da costa de Viladesuso. Sen embargo mantense a molesta "depuradora" contra a que se ten manifestado a veciñanza da parroquia, polos seus malos cheiros e por verter a residuos sen depurar.


Segundo o BNG de Oia é "unha chapuza máis da Xunta de Galicia co visto e prace do desgoberno do Concello de Oia".

1 comentario:

  1. Outra chapuzada máis con toda a razón pero con consetimento do Concello de Oia. Oxála no se teña que lamentar un suceso grave ou mortal pra que tal vez se den conta da chapuzada e tal vez a corrixan....

    ResponderEliminar