28 de nov. de 2012

ESTÁS (TOMIÑO)

A CAFETERÍA DO CENTRO SOCIAL DE ESTÁS (TOMIÑO) ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA DE NOVOS ARTISTAS DO BAIXO MIÑO


                            




Juan Ramón Martínez Barbosa / Estás

A Cafetería do Centro Social de Estás (Tomiño) acolle dende este mércores 28 de novembro ata o domingo 23 de decembro, unha exposición fotográfica de curiosas paisaxes do Baixo Miño e Galicia en época outonal e aínda preciosas imaxes cuxa procedencia traspasa fronteiras (Portugal, Irlanda e mesmo Rumanía).
Sara Gándara, Chus López, María Pérez e Juan Ramón Martínez, son os catro autores dunhas instantáneas que principalmente amosarán lugares ben coñecidos da comarca e -outros tamén por descubrir- do noso fértil e fermoso territorio galego, pero iso sí, dende unha óptica moi diferente á cotiá.
A exposición estará aberta todos os días, en horario da cafetería, dende as 10:30 horas da mañá.

Ningún comentario:

Publicar un comentario