21 de xan. de 2013

A GUARDA

EL CONVENTO DE LAS BENEDICTINAS DE A GUARDA (1558-1984)

Novo libro de investigación histórica de Joaquín Miguel Villa Álvarez

Será presentado o sábado día 26 de xaneiro de 2013, ás 20:00h, no salón de actos do Centro Cultural de A Guarda


Joaquín Miguel Villa Álvarez                                              

Infogauda / A Guarda



Chámase Joaquín Miguel Villa Álvarez, e Doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, ademáis de exercer como profesor no Colexio PP. Somascos, de A Guarda. Desde fai anos vénse ocupando de sacar  a luz, de xeito riguroso, obras imprescindibles como "El Recreo Artístico Guardés, 1940/2005. De la posguerra al siglo XXI",  ou a historia da benemérita Sociedade Pro-Monte Santa Tecla e da Sociedad Os Amigos, de Camposancos. O inventariado pormenorizado das casas indianas de A Guarda e de O Rosal; o sindicalismo no Baixo Miño, ou súas aportacions o coñecemento da emigración galega, “As migracións selectivas do capitalismo comercial. O caso dos galegos de Porto Rico nos séculos XIX e XX” ou  “La emigración guardesa a la República Dominicana (Siglos XIX y XX)”, son, entre otras, traballos seus.
Logo de catro anos de traballo de investigación histórica, o vindeiro sábado día 26 de xaneiro de 2013, ás 20:00h, no salón de actos do Centro Cultural de A Guarda, vai ser presentada á obra da súa autoría, que leva por título El Convento de las Benedictinas de A Guarda (1558-1984).
O libro, impreso no obradoiro de Donauta Publicidad, S. A., de A Guarda, está editado en 2012, polo Mosteiro da Transfiguración do Señor, de San Vicente de Trasmañó (Redondela).
A publicación conta con un limiar da autoría de Ermelindo Portela Silva, Catedrático de Historia Medieval e Moderna, e profesor na  Facultade de Xeografía e Historia, da Universidade de Santiago de Compostela.
Asemade leva un epílogo, da autoría de Juan Bautista Martínez González (Xoán do Tamuxe), arqueólogo, escritor, historiador e investigador.
Previamente á redacción desta obra, Joaquín Miguel Villa Álvarez accedeu a unha inxente documentación que en primer lugar examina, clasifica e organiza, creando o Arquivo do Mosteiro da Transfiguración do Señor (AMTST).
O autor tamén investiga en diferentes arquivos históricos que contan con fondos relacionados directa ou indirectamente co Mosteiro das Bieitas, de A Guarda. Logo desas tarefas, Villa Álvarez analiza e estuda con detalle tódolos acontecementos que teñen lugar no desenvolvemento da vida monástica de clausura, da comunidade de monxas bieitas de A Guarda. Como resultado de toda esa inxente labor - que contou co apoio económico da Deputación de Pontevedra - o autor bríndanos á historia de máis de catro séculos de presenza activa da comunidade benedictina na vila de A Guarda. Por iso, prevemos que o acto de presentación dese libro vai ser todo un acontecemento cultural, do que tódolos guardeses debemos sentirnos partícipes, pois unha parte moi importante da Historia de A Guarda, que ata o de agora non se había abordado de xeito pormenorizado e na súa integridade - xa que tan soio contábamos con algunhas notas da autoría do coengo guardés Juan Domínguez Fontela e tamén do profesor Hipólito de Saá Bravo -; está reflectida na obra El Convento de las Benedictinas de A Guarda (1558-1984).
Con un total de 736 páxinas e 265 ilustracions, o libro - que está redactado en castelán - ten unha tirada de 1.000 exemplares.
O prezo de venda o público vai ser de 27 euros.

Nota da Redacción de Infogauda: Ainda que inicialmente o libro ía venderse á 25 euros, o final o prezo - segundo nos veñen de comunicar - será de 27 euros. Dous euros máis, coidamos que non vai influir na decisión de compra das persoas que queiran coñecer de primeira man, unha parte moi importante da Historia de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario