28 de dec. de 2013

OPINIÓN

EDITORIAL


O PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE A GUARDA ATRANCADO POLO PRÓPIO GRUPO DE GOBERNO

  Que á cidadanía de un concello como o de A Guarda (Pontevedra), non teña a día de hoxe, acceso a documentación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), logo de que o chamado grupo municipal de goberno haxa facilitado en abril de 2013, os diferentes grupos municipais á documentación correspondente – un DVD, cos planos e normas aplicables - co compromiso requerido polo grupo de goberno - e asinado previamente polos receptores do devandito soporte de almacenamento de datos - de confidencialidade e discreción; semella cando menos, una notoria falla de respecto os cidadans. Desde o noso modesto entender, non existen razóns xustificables que impidan, por exemplo, da-los pasos necesarios para que se inicie canto antes o procedimento que corresponda, por parte do Pleno da Corporación Municipal de A Guarda, a fin de que os veciños poidan acceder á documentación e así poder presentar, dentro do prazo de exposición pública que se estableza, ás alegacións que cada quen considere pertinentes.

  Compre relembrarlle o grupo de goberno que a Lei 9/1968, de 5 de abril (B.O.E. nº 84 de 6 de abril de 1968), no seu primeiro parágrafo dí textualmente: “Es principio general, aun cuando no esté expresamente declarado en nuestras Leyes Fundamentales, la publicidad de la actividad de los Órganos del Estado, porque las cosas públicas que a todos interesan pueden y deben ser conocidas de todos”.

  Se “(…) as cousas públicas que a todos interesan poden e deben ser coñecidas de todos (…), non parece que resulte aceptable que en Democracia, un goberno municipal de un concello, neste caso o de A Guarda, adoite “clasificar” una documentación que xa ten xerado un custe de uns 300.000,00 euros.

  Non ten sentido -  alomenos así nos parace a nos -,  que sexa o propio grupo municipal de goberno quen atranque coa súa inacción e o seu inxustificable secretismo, o proceso iniciado con anterioridade o ano 2005, e que debera ter continuidade máis axiña que tarde. Co seu obscurantismo deica os veciños, o mesmo grupo político convírtese no elemento que atranca de facto á tramitación do planeamento urbanístico de A Guarda, privando os veciños da necesaria información que o propio Plan Xeral de Ordenación Municipal conleva, para que tódalas persoas interesadas poidan examina-lo con tempo e face-las achegas que cada ún coide oportuno.

  Esta evidente demora, presuntamente interesada do grupo de goberno, coa posible complicidade – ou cando menos conformismo - do grupo maioritario da oposición, contrasta co feito de que unha autoridade municipal se haxa permitido no seu día, a licenza de tildar de “tardón” a un membro da Corporación, cando con esa expresión  non somentes se retrata a sí mesmo como político e como persoa, senón que a vista dos feitos, pódese decir que o devandito calificativo poida que resulte moi acaído para os que tendo responsabilidades de goberno, semella que non teñen o máis mínimo interese en sacar adiante o planeamento urbanístico de A Guarda.

  Polo tempo que xa leva pasado desde abril de 2013 a estas datas, coidamos que tódolos partidos políticos con representación municipal xa tiveron tempo de sobra para poder dispor de uns coñecementos que lles permitan, chegado o intre en que o PXOM se leve a Pleno por parte do alcalde, expresar o que estimen convinte, en función das previsións urbanísticas, dotacionais, servizos, zoas de protección, etc., que se recollen no documento ao que tiveron acceso. Polo tanto, coidamos que xa é hora de que o alcalde e seu grupo de gobernó se deixen de presuntas estratexias partidistas e se poñan mans á obra para que tódolos vecinos e persoas interesadas poidan acceder, sen máis demoras, á documentación que polo de agora parece ser que somentes dispoñen os grupos muninicipais, aínda que poida que á documentación tamén a teñan outras persoas que non son precisamente munícipes. Mesmo por darse á posibilidade desa circunstancia poderíamos estar nunha crara situación de agravio comparativo ou cando menos sospeitosa, precisamente pola falla de transparencia.

  Que nos tempos en que estamos aínda veñan algúns con absurdas pretensións de confidencialidade, semella pouco menos, que unha tomadura de pelo os cidadáns.

  Se os mesmos que lles esixiron os demáis o compromiso de confidencialidade, estivesen desempeñando á labor de oposición municipal, e o grupo de goberno actuase como eles, probablemente porían o berro no ceo, como se dí coloquialmente. E mesmo adoitarían tódalas accións legais para decirlle o grupo de goberno, de todo, menos bonito. E terían, certamente, todo o dereito do mundo. Pero neste caso os que practican presuntamente unha labor de obstaculización son eles.

  Qué pretenden algúns con esa estratexia? As respostas poden ser varias, ainda que probablemente podería resumirse en tan soio nunha: dilatar todo o posible a aprobación do PXOM para evitar o eventual desgaste que súa tramitación podería reportarlles, e dese xeito chegar ás eleccións municipais de 2015 nas mellores condicions posibles.

  O obxectivo de algúns semella ser obvio: tentar recuncar para ver de asegurarse outros catro anos máis de exercicio do poder municipal.  E así, o que podería ser algo lexítimo, de non darse ás presuntas circunstancias inconfesables, pode mesmo incorrer nunha falla de respecto á cidadanía se como parece, non hai vontade política de sacar adiante o novo planeamento urbanístico de A Guarda.  E niso algo deberían decir tamén os demáis grupos municipais, que para algo forman parte da chamada oposición. Ainda que a algúns podería aplicárselle a seguinte frase: “Nin están nin se lles agarda”. 

  Entre a evidente ralentización que algúns están aplicando, como así o acreditan os feitos, e o desinterese, e poida que ata o silenzo cómplice de outros, o fin e o remate, os únicos perxudicados son os cidadans de A Guarda. Conclusión: non semella ser moi serio o que está acontecendo. 

  O PXOM do concello de A Guarda debe darse a coñecer os cidadans canto antes. 

   Xa está ben de inadmisibles obscurantismos!

   

  Infogauda

Ningún comentario:

Publicar un comentario