27 de feb. de 2014

EDITORIAL

28 DE FEBREIRO DE 2013 - 28 DE FEBREIRO DE 2014
PRIMEIRO CABODANO DUNHA CUESTIONÁBEL DECISIÓN



 Este venres 28 de febreiro de 2014 cúmplese o primeiro cabodano dunha perda significativa para o conxunto da poboación de A Guarda e súa contorna, froito dunha cuestionábel decisión: o peche - por acordo unilateral da executiva provincial de Comisións Obreiras de Vigo - do local sindical de CC.OO. na vila de A Guarda. 

  Segundo manifestaron a Infogauda, varias persoas vencelladas a esa central sindical - algunhas delas desde o ano 1978 -, con carnet de afiliadas/os cotizantes; esa decisión, foi adoitada de costas as/os traballadoras/es afiliadas/os a Comisións Obreiras, sen contar con elas/es, e sen ter en consideración á traxectoria sindical de Comisións Obreiras na comarca do Baixo Miño. 

  As mesmas fontes salientaron que a devandita executiva provincial de CC.OO., encabezada por Amelia Pérez Álvarez, como secretaria xeral, nin siquiera se dignou convocar unha asamblea de afiliadas/os para expórlles os motivos - se realmente os houbera - e ás razóns, polas cales se ía pechar o local sindical de CC.OO. en A Guarda e como consecuencia directa dese peche, deixar orfas/os no referente á información sindical cotiá, a tódolas/os afiliadas/os desta comarca, que en moitos casos, mesmo en contra dos seus desexos, determiñaron causar baixa como tales, logo de moitos anos de vencello á Comisions Obreiras.

  Por iso, á executiva comarcal de CC.OO. de Vigo, cábelle a dudosa honra de ser a responsable da decisión de pechar o local sindical de A Guarda, tirando pola borda máis de tres décadas de labor sindical que de xeito altruista, desenvolveron varias persoas, que o longo dese tempo mantiveron viva á loita obreira, traballando a prol de tódolas/os traballadoras/es, desempregadas/os, pensionistas, e poboación en xeral, facendo que o local sindical de Comisions Obreiras de A Guarda fose todo un viveiro de iniciativas culturais, deportivas, sociais e políticas, que redundaron  positivamente para o conxunto de toda á sociedade civil do Baixo Miño.

 Se á executiva provincial de CC.OO. tivese á sensibilidade que debería haber tido - e que coa súa decisión unilateral, demostrou non ter -, o peche do local sindical de CC.OO. en A Guarda, podíase haber evitado. 

  Segundo pudo saber este xornal dixital, ás persoas que viñan desenvolvendo a cotío, ás tarefas sindicais, viron diferentes saídas para tentar evitar o peche. Había solucións alternativas, que mesmo conlevarían economía nos gastos correntes, máis á executiva provincial de Comisions Obreiras, non quixo nin siquera escoita-las. 

  Na opinión de varias persoas que se dirixiron a Infogauda para expresar seu rexeitamento o peche do local sindical de A Guarda, a executiva provincial de CC.OO. actuou movida por intereses presuntamente inconfesables. Como era de agardar as/os afiliadas/os, logo de constatar o devandito peche adoitaron en consecuencia, súas particulares decisións. A repercusión que iso pudo reportarlle á CC.OO., descoñecémola. En todo caso sempre será pouca, comparativamente falando, co dano moral que supuxo para moitas persoas que o longo de moitos anos mantiveron súa afiliación a unha central sindical das máis representativas de todo o Estado. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario