15 de mar. de 2014

EDITORIAL

A REORDENACIÓN DO TRÁFEGO RODADO, UNHA DAS ASIGNATURAS PENDENTES DO GOBERNO MUNICIPAL DE A GUARDA



Infogauda / A Guarda


  Unha das asignaturas pendentes, ano tras ano, dos distintos gobernos municipais precedentes, e por suposto do de hoxendía, é, entre outras, á reordenación do tráfego rodado. Hai notorios exemplos, que o demostran. Como preferimos á opinión constructiva sobor de calquer outra cousa, imos suxerir propostas que deberan acometerse o máis axiña posible. Por ser sinxelas de aplicar, se hai vontade para elo, e por non resultar onerosas para á economía municipal. 

  Asemade, consideramos que unha das cuestions máis prioritarias sería acometer á axeitada sinalización nos núcleos de Camposancos, Salcidos e Cividans, optando pola circulación en un soio sentido, en tódolos lugares onde o ancho dos camiños e rúas, así o aconselle. Haberá que informar á cidadanía a traverso dos medios de comunicación social e nos lugares de costume, e por suposto, colocar ás sinais correspondentes - de restricción de paso, por limitación de anchura; de entrada prohibida, etc. -  para que os usuarios da vía pública, tanto os veciños como os visitantes, saiban a que aterse. O que non pode admitirse e que vaian pasando os meses e os anos, e por varios camiños dos devanditos núcleos de poboación, se siga permitindo o tránsito de vehículos en ambos os dous sentidos. E decir, que por parte da concellería correspondente se está deixando que cada quen resolva á situación como poida, o cal ven á acreditar que probablemente algunha retribución por adicación parcial, podería evitarse. E as probas nos remitimos. Temos referencias verbais de varios veciños de Salcidos, que nos afirmaron que en máis de unha ocasión, por falla da necesaria información ou por insuficienza da mesma, algún vehículo autocaravana que pretendía ir o Camping Santa Tecla, quedou literalmente atrapado en un camiño de Salcidos. Esa circunstancia, que a algúns poida que lle resulte graciosa, non tivo ningunha graza para quen se viu na enoxosa situación como á descripta. Polo tanto, hai que pórse no lugar de quen sofre ás consecuencias da infrasinalización viaria, para saber como se pasa. Por outra banda, non é precisamente unha boa publicidade turística cara o exterior e non di nada positivo en favor dos munícipes con responsabilidade en materia de tráfico rodado.

  Outra cuestión que recrama o correspondente estudio previo e a necesaria dotación orzamentaria para leva-la á práctica e á semaforización daqueles puntos do núcleo urbano onde polas súas características así o demandan.

  No tocante á seguridade viaria, entendemos prioritaria a dotación de beirarrúas, alomenos nunha das marxes, na Estrada de Camposancos, desde á intersección co Paseo de Portugal ata enlazar coa beirarrúa de Sáa, xa moi preto do Couto. Que o alcalde de A Guarda, natural e veciño de Camposancos, pase tódolos días por ese tramo de estrada e non teña promovido á dotación desa infraestructura - que debera conlevar tamén, á canalización de augas pluviais, saneamento e alumeado público -, e moi indicativo. O mesmo podíamos decir do alcalde pedáneo da Entidade Local Menor de Camposancos, natural de A Guarda e veciño de Camposancos. E iso que diariamente son moitas ás persoas que transitan a pe por esa estrada, co conseguinte risco para súa integridade física. Se o concello non pode asumir o custe total desas obras, como probablemente así é, o goberno municipal do concello de A Guarda deberá xestionar diante doutras administracións á necesaria colaboura económica, e por suposto, tamén ás dos propietarios dos terreos que dan á referida estrada - na parte que legalmente lles corresponda como contribucions especiais -, para poder materializar esa necesaria infraestructura dotacional.

  No que respecta os pasos de cebra sería desexable que súa execución de obra fose en tódolos casos idéntica, para que os conductores reduzan á velocidade indicada nos tramos onde están ubicados os devanditos pasos, sen que teñan á desagradable percepción de estar perxudicando de xeito constatable, o rendemento dos vehículos que conducen, polo feito de que algúns pasos de peóns non están presuntamente ben executados técnicamente.

  Falando de pasos de cebra, á hora de proceder á súa ubicación sería desexable ter en conta ás necesidades inmediatas dos veciños para que na medida do posible, atender as súas xustificadas demandas. 

  Temos constancia da recente execución de un paso de peóns, na rúa República Dominicana, onde con anterioridade, e a unha distancia de uns 50 metros, xa fora feito outro semellante. Tanto no primeiro como no recente, non se tivo en conta que na vivenda sinalada co nº 54 da Rúa República Dominicana, vive unha familia, na que hai unha persoa minusválida, de máis de 50 anos de idade, que tódolos días ten que cruzar a rúa, na compaña de outra persoa de máis de 80 anos, para acceder a un vehículo turismo, estacionado en zoa de minusválidos. Tendo que cruzar á rúa Mariano Ordóñez, para pasar polo paso de peons, e logo voltar a cruzar a rúa Santo Domingo de Guzmán.  Co doado que sería executar o paso de peóns no lugar axeitado, para facilitarlle á accesibilidade á veciña que polas súas circunstancias persoais así o require!

  En definitiva, suxerimos que o chamado grupo de goberno municipal, teña a ben ir pondo en práctica ás propostas que vimos de esbozar, porque cando se trata de seguridade vial, tódolos esforzos por salvar vidas ou por facilitar á mobilidade dos usuarios das vías públicas, serán ben recibidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario