15 de maio de 2014

A GUARDA

A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA CONMEMORARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

- A programación cultural desenvolverase o sábado día 17 de maio, desde ás 5 da tarde, no Auditorio de San Bieito

- A homenaxe a D. Generoso Álvarez Seoane, terá lugar o día 5 de xuño, ás 21:00 h., no Centro Cultural e Social de A Guarda



Prezadas amigas, prezados amigos:
É unha honra para nós comunicarlles que na Asemblea Xeral Extraordinaria da A.C.G. o día  22 de abril de 2014 foi elexido D. Generoso Álvarez Seoane para ser homenaxeado co gallo do Día das Letras Galegas 2014.


Generoso Álvarez Seoane é Doutor en Ciencias Químicas e Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Inspector Farmacéutico Municipal por oposición. Técnico Bromatólogo pola Universidade Complutense de Madrid. Foi, sucesivamente, director técnico da empresa de especialidades farmacéuticas Instituto Bioquímico Miguel Servet, director técnico da Cooperativa Farmacéutica do Noroeste e finalmente mediante concurso oposición do Laboratorio Municipal de Vigo. Presidente da ANQUE de Galicia (Asociación Nacional de Químicos) e Vocal do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Pontevedra. Formou parte do Consello Galego de Sanidade polo Colexio Oficial de Químicos.

Na abundante bibliografía de Generoso Álvarez Seoane destacan os seus traballos científicos sobre augas, medio ambiente atmosférico, alimentos e bebidas, laboratorios municipais e organización sanitaria; traballos de investigación históricos, literarios e de opinión sobre A Guarda publicados no libro das Festas do Monte, libro das Festas de San Cayetano, Boletín do Instituto de Estudos Vigueses, Boletín da Real Academia Portorriqueña da Historia, e Boletín  Érguete Baixo Miño, entre outros. 

É autor dos libros “Testimonio de una época”, “Guerra Civil en el Baixo Miño” e “Historias del Baixo Miño”.

Generoso Álvarez Seoane foi merecedor dos seguintes premios e distincións: Premio de Tesis Doctorales da Diputación Provincial de Pontevedra (1982) pola súa tésis "Calidade das Augas do Río Lagares", Colegiado distinguido, polo Colexio Oficial de Químicos de Galicia, (2002), Medalla de Prata ao Mérito Sanitario, "Galicia 2004", outorgada pola Comunidade Autónoma Galega (Xunta de Galicia), a proposta do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra, Medalla de Ouro da Asociación Nacional de Químicos de España, a proposta do Colexio de Químicos de Galicia. Madrid (2008) e Medalla de Ouro ao Mérito Colegial do Colexio Oficial de Farmacéuticos. Pontevedra 2011.

O acto da homenaxe será o xoves 5 de xuño no Centro Cultural da Guarda. Falará sobre Generoso Álvarez Seoane D. Constantino Peón Amor.

Como ven sendo tradicional a A.C.G. entregará neste acto un libriño homenaxe.

Contaremos coa actuación do Grupo de Pandeiretas da A.C.G, dixida por Berta Castro; o Grupo Antorcha, dirixido por María José Baz e a Coral da Terceira Idade, dirixida por David González Sobrino. 

Aproveitamos este comunicado para invitalos ao  acto homenaxe a Generoso Álvarez Seoane e contamos coa  súa estimada presenza.

Saúdos con afecto.


A Guarda, 14 de maio de 2014


A PRESIDENTA                    A SECRETARIA

JULIA SOBRINO                 MARÍA SOLEDAD DIZ

Ningún comentario:

Publicar un comentario