5 de out. de 2014

A GUARDA

A SOCIEDADE FILATÉLICA E NUMISMÁTICA GUARDESA CONMEMORA SEU 50 ANIVERSARIO

No acto de inauguración na XXVII Mostra Filatélica "EXFIGALICIA 2014" foilles tributada unha homenaxe os membros fundadores da S.F. e N.G.

Julia Sobrino González, unha das fillas do primeiro presidente fundador da S.F. e N.G., Francisco Sobrino Rodríguez, pondo o carimbo coa efixie do seu pai a Tarxeta Enteira Postal que onte foi presentada - Foto: Ricardo Rodríguez Vicente

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Con un acto que tivo lugar na Casa dos Alonso (Praza do Reló), de A Guarda, onte sábado día 4 de outubro, ás 19:00 horas, foi inaugurada a XXVII Mostra Filatélica "EXFIGALICIA 2014", evento que contou coa asistencia do presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI), Valentín Suárez Alonso; o presidente de UFINOR, Paolo de Oliveira; o director da Zoa 1 de Correos, Ángel Pérez; o presidente da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.e N.G.), Luciano Lomba, así como o alcalde de A Guarda, José Manuel Domínguez e o historiador Joaquín Miguel Villa Álvarez. Tamén asistiron o presidente de honor de FESOFI, Fernando Aranaz del Río, os alcaldes de Oia e O Rosal, Alejandro Rodríguez Rodríguez e Jesús María Fernández Portela, respectivamente; membros da Corporación Municipal de A Guarda, familiares dos fundadores da S.F.e N.G. xa finados e membros fundadores en activo, directivos e respectable público, en xeral.


 José Ángel Gándara Rodríguez, secretario da S.F.e N.G., no decurso da súa intervención  - Foto: Ricardo Rodríguez Vicente
 
 Abriu o acto o secretario da S.F.e N.G., José Ángel Gándara Rodríguez, para facer unha breve intervención dando paso deseguido, o presidente da entidade Luciano Lomba Vicente, e posteriormente o presidente de FEGASOFI, Valentín Suárez Alonso. Logo virían as respectivas intervencións do presidente de UFINOR, Paolo de Oliveira; a do director da Zoa 1 de Correos, Ángel Pérez; a do presidente de honor de FESOFI, Fernando Aranaz del Río; e a do alcalde de A Guarda.

 Compre salientar que o historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez, autor do traballo de investigación 50 ANOS DE HISTORIA DA SOCIEDADE FILATÉLICA E NUMISMÁTICA GURDESA (1964-2014) - que se publica no catálogo de Exfigalicia 2014 -, foi quen resumiu a traxectoria desa merítisima entidade cultural que agromou no seo da Sociedade Pro-Monte Santa Tecla. 


O historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez amosando o prato de cerámica de Sargadelos - conmemorativo do 50 aniversario da S.F.e N.G. - que lle entregou a xunta directiva, como agasallo pola súa labor de investigación  - Foto: Ricardo Rodríguez Vicente

 A continuación chegaría o intre de homenaxear os fundadores da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, que nalgúns casos, serían seus familiares os encarregados de recoller os agasallos conmemorativos, e noutros, os menos, serían as própias persoas que formaron parte dos comezos da S.F. e N.G., os que os recollerían.


Praca en cerámica que recibiron os familiares dos membros fundadores da S.F. e N. G., xa falecidos e tamén os que aínda están activos   - Foto: Ricardo Rodríguez Vicente

 Asemade tamén foi presentada unha tarxeta enteira postal con sello impreso e lista para circular por culaquier parte do territorio nacional, adicada o coleccionismo con motivo da XXVII Exposición Rexional da Federación Galega de Sociedades Filatélicas "EXFIGALICIA 2014", que se celebra en A Guarda, do 4 o 12 de outubro. Trátase de unha tarxeta que ten como protagonistas as seis cidades onde este ano se celebrarán exposicions filatélicas territoriais. Además de A Guarda, son sede as cidades de Córdoba, Oviedo, San Lorenzo de El Escorial, Laredo e Portugalete. Na parte inferior da tarxeta, pódense ollar os logos das federacions de Filatelia das cidades onde se celebrarán as exposicions, ademáis do logo da federación Nacional de Filatelia. En canto a imaxe elexida de A Guarda, e o megapoboado galaico-romano do Monte Santa Trega e, para a ocasión, emprégase un matasellos conmemorativo do enteiro portal.

 A devandita tarxeta ten unha tirada de 17.200 unidades e seu tamaño e de 110 x 160 mm.

 Asemade tamén se presentou o matasellos da exposición, coa efixie do presidente fundador da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa, Francisco Sobrino Rodríguez, sendo unha das súas fillas, Julia Sobrino González, quen estamparía o devandito carimbo na primeira Tarxeta Enteira Postal que se puxo en circulación.

 Para celebrar o 50 aniversario da fundación da S.F. e N.G. e o XXV Aniversario da fundación do Club Ciclista Guardés, foron emitidos os correspondentes selos conmemorativos personalizados.

 A continuación serían distribuidos exemplares do catálogo de Exfigalicia 2014, e daríase por inaugurada esta magna exposición que ocupa toda a planta baixa da Casa dos Alonso, e cuio Comité de Honor conta coa presidencia das SS.MM. os Reises de España, don Felipe VI e dona Letizia. Nesta edición de Exfigalicia participan 57 coleccions de Galicia e de Portugal, 8 oleccions que concurren por vez primeira nunha exposición competitiva e 10 coleccions na Clase Xuvenil.

 Con todos estes ingredintes, á Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa non soio conmemora por todo o alto o 50 aniversario da súa fundación, senón que demostra súa capacidade organizativa para asumir futuros retos de semellante ou mesmo superior envergadura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario