26 de set. de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA SINALA UN NOVO EXEMPLO DE ABANDONO

Josué Alvarez Alonso (Responsable Local de Converxencia Galega): "(...) solicitamos que aparte do “retrato na prensa” impartan as órdenes oportunas e manden arranxar o máis pronto posible esta “vergonza” e mostra da deixadez e abandono en que teñen sumido o noso pobo (...)".

Ás imaxes reflicten o "estado de conservación" dunha sinal de perigo pola proximidade da zoa escolar de As Solanas - Fotos: Converxencia Galega - A Guarda



Infogauda / A Guarda

 Josué Alvarez Alonso, Responsable Local de Converxencia Galega, ven de facer pública á seguinte comunicación:

PRECAUCIÓN, ZONA ESCOLAR

Semanas antes do inicio escolar, -ahí están as hemerotecas- recibimos unha morea de notas de prensa en que Alcalde, Concelleiros Educación, Servicios, Portavoz do PP, Delegado Provincial da Xunta, de Educación, e “algúns” máis aparecían nas fotos moi risueños e con ledicia, falando das obras que se fixeran e se ían  levar a cabo para que os/as estudantes escomenzaran cas instalacións a “punto” o novo curso escolar.

 Pero, todo quedou niso, na pose para o “retrato”, pois seguramente andaban en coche cos vidros oscuros e non se percataban de “pequenos detalles” dos arredores de donde están os centros educativos, xa que senón non poderían suceder cousas como a que hoxe facemos pública para vergoña de úns  e de outros. ¿¿Non se acercaron ata a escola “Solanas-D. Nicolás Gutiérrez Campo”?? Xa que si pasaron por alí, tiveron que ollar a mostra do “mantenemento e conservación” que se mantén no noso pobo, especialmente nunha das vías que tanto a nivel turístico como educativo, ten bastante tráfico, xa que nas proximidades tamén está a Gardería Municipal, a que tamén “a veces” acuden responsables dos Servizos Sociais Municipais, pero parece que nadie se “percatou” desta peza de museo.

 Seguimos mantendo que o que está a vista non precisa explicación, polo que unha imaxe vale máis que mil palabras, e dado que nin o Sr. Alcalde, (mestre de profesión) nin a Concelleira de Educación (non sabemos se sigue na dirección da ANPA e tamén monitora dalgunhas actividades extraescolares, polo menos ata fai pouco), nin a Portavoz e dirixentes “visitantes” do Partido Popular se enteiraron de cómo están as “cercanías”, con que haxa unha imaxe que diga máis que mil palabras, dende Converxencia Galega, solicitamos que aparte do “retrato na prensa” impartan as órdenes oportunas e manden arranxar o máis pronto posible esta “vergonza” e mostra da deixadez e abandono en que teñen sumido o noso pobo.

A Guarda, a 26 de setembro do 2.015

Josué Alvarez Alonso
Responsable Local de Converxencia Galega


Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Concelleira de Educación 
Sr. Concelleiro de Vías e Obras 
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario