12 de dec. de 2015

A GUARDA

IV REUNIÓN ATLÉTICA SOLIDARIA

Será o día 27 de Decembro do 2015 no porto de A Guarda




Regulamento:

1º. – O Concello de A Guarda e a Sociedade Atlética do Trega coa colaboración das asociacións locais de Conrazones, Asociación San Vicente Paúl, Servizos Sociais do Concello e Club de Remo Robaleira, celebrarase a IV Reunión Atlética e Andaina Solidaria o día 27 de Decembro do 2015 no porto de A Guarda. 

2º.- A inscrición será gratuíta e cada atleta participante aportará os alimentos perecedoiros e non perecedoiros que desexe. Agradecemos en especial a entrega de leite, azucre, cacao, chocolate, conservas, embutidos, produtos envasados ó baleiro, aceite e produtos de uso diario como champú e xel. 

3º.- Convidamos os deportistas que a título individual ou colectivo queiran sumarse a esta iniciativa e á cidadanía en xeral, a colaborar na doazón de alimentos que serán recollidos na secretaría da carreira.  3º Os horarios de saída das carreiras populares (federados e non federados) serán os seguintes: 

CATEGORÍAS
DATA NACEMENTO
DISTANCIA APROX.
SAÍDA APROX.
ANDAINA
Todas as idades
12 Km
09:30

Sénior mulleres e homes
93 e antes
10 Km
10:15
Veteranos mulleres e homes
35 a 39 anos
Veteranos mulleres e homes
40 a 44 anos
Veteranos  mulleres e homes
45 e antes
Promesas mulleres e homes
94/95/96/97/98/99/2000

Carreira menores
2001/2/3/4/5/6/7/2008
1.500 m
10:20

Pulgas mulleres e homes
2009/10/11/12/13/2014
150 m
11:45

Entrega premios
12:00



4º.- As inscricións efectuaranse a través na páxina http://www.reunalia.com/349996. Os participantes deberán enviar os seguintes datos: nome, apelidos, DNI, nº ficha (federados), club, residencia, data nacemento completa e teléfono). Tamén se pode acceder ao enlace: http://www.reunalia.com/349996  a través de  http://deporteaguarda.blogspot.com.es ou Deporte A Guarda no facebook.   

5º.- O prazo de inscricións péchase o día antes da celebración da proba.   

6º.- O percorrido para a carreira promesa e sénior será o seguinte: saída e chegada no Porto da Guarda, Fernández Albor, Senda Litoral ata o Puntal, Praia O Muíño, Lamiña, Armona, Lagoas, Puntal, Senda Litoral, Fernández Albor e Porto da Guarda. Para o resto de categorías adaptaranse dous circuítos no entorno do paseo Marítimo do Porto Guardés. A andaina transcorrerá polo mesmo recorrido que o ano pasado, compartindo tramos cos corredores.  7º Na carreira Promesa/Senior e veteranos realizarase unha clasificación por categorías de ambos os dous sexos que estarán dispoñibles nas páxinas de facebook Deporte A Guarda,  http://deporteaguarda.blogspot.com.es/ e http://www.trega.es/.   

8º.- Entregaranse medallas/trofeos para os tres primeiros clasificados das categorías promesa, sénior e veteranos.  

9º.- A andaina, as carreiras de menores e pulgas non son competitivas, non haberá clasificación por categorías nin trofeos. Todos os participantes, polo feito de participar, recibirán un agasallo.  

10º.- Haberá avituallamento líquido: no 5º Km da carreira e 10 Km e en meta.  

11º.- O remate das carreiras haberá chocolate e rosca para todos os participantes.  

12º.- Todos os dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no momento da confirmación, que se realizará como mínimo media hora antes do comezo de cada carreira, debendo os atletas respectar, de habela, a publicidade impresa. Unha vez rematada a proba terán que ser entregados en meta.  

13º.- Os participantes nas carreiras deberán pasar por cámara de chamadas ata 15 minutos antes da hora de comezo das súas carreiras.  

14º.- Os participantes poderán ducharse nas instalacións do Club de Remo Robaleira.  

15º.- Tanto a organización como o seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasione a participación nesta carreira.  

16º.- Dado o carácter popular non se admiten reclamacións. Admitiranse propostas e críticas, agradecendo que sexan por escrito.  

17º.- O feito de inscribirse nesta carreira popular leva implícita a aceptación deste regulamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario