12 de feb. de 2016

GOIÁN

GOIÁN CELEBRARÁ O SEU TRADICIONAL DESFILE DE CARROZAS ESTE DOMINGO 

A continuación terá lugar o enterro dá Taiña  

   O Desfile de Entroido de Goián será este domingo día 14 
 Fotos: Lalo Rodríguez


Serafín Rodríguez Barreiro / Goián

 Goián, un dos lugares do Baixo Miño con máis tradición na celebración do Entroido, que vén celebrando dende principios do século XX, celebrará este domingo, ás 16:30 horas, o seu tradicional desfile de carrozas, despois de suspenderse o pasado martes debido o mal tempo.  

 No mesmo participarán máis dunha vintena de comparsas deseñadas e organizadas polos propios veciños do pobo, conservando así o seu carácter netamente popular. A maioría das carrozas participantes saíran ese día por primeira vez, sen participar noutros desfiles.  

Co Enterro da Taíña, que terá lugar a continuación do Desfile de Carrozas e Comparsas, remata o Entroido 2016 de Goián

 A continuación terá lugar o tamén tradicional Enterro da Taíña, a beiras do río Miño, que chega á súa 13ª edición e co que se pon fin ás festas que se iniciaron o pasado domingo, coa actuación de varios grupos musicais, concursos e celebracións gastronómicas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario