29 de xul. de 2016

O ROSAL

CINEMA

PRESENTACIÓN DA CURTA "AS VACAS DE WISCONSIN", DE SARA TRABA

Será este sábado día 30 de xullo, ás 21.30 horas, na Praza dos Maios, de San Xoán de Tabagón





Infogauda / O Rosal

 Logo de uns días de descanso na xira de presentación, este sábado día 30 de xullo, ás 21:30 horas, na Praza dos Maios, de San Xoán de Tabagón, terá lugar á presentación da curta "As vacas de Wisconsin", de Sara Traba.


"Rubia", unha das co-protagonistas do filme de Sara Traba


 Esa película, que foi estreada o pasado día 15 deste mes en Vigo, está interpretada por Pilar Pereira, David Gundín, Amada Traba e Rubia.

 É unha producción de El dedo en el Ojo, coa colaboura de Bande à part Escuela de Cine, de Barcelona.

 Foi escrita e dirixida por Sara Traba.

 Da producción ocupouse María José García. As tarefas de dirección de producción estiveron á carrego de Uriel Wisnia e como xefa de producción Ellina Kozulina. Como axudantes de producción estiveron Luis Ibáñez e Albert Alarcón, e como auxiliares de producción Perfecto Traba e Arancha. 
  
 Da música ocupouse Iago Marta. 

 A fotografía foi responsabilidade de Miquel Ángel Raió. 

 A dirección artística de Yannick Robles. 

 A montaxe estivo o coidado de Iván Guarnizo e o son foi labor de Isa Figueras e David Navarro.

 Como axudantes de dirección interviron Ángel Grisalvo e Beatriz Hernández.

 Esta curta contou coa colaboura da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), de Xunta de Galicia, e do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, do Goberno de España.

 O filme ten unha duración de 15 minutos e está calificada como apta para tódolos públicos.

 A localización vai permitir que os espectadores recoñezan moitos lugares da nosa contorna.

Fotograma da curta "As vacas de Wisconsin"

 SINOPSE: 
 Unha anciá vive nunha aldea galega coa súa vella vaca, que xa non lle dá leite. Un día na tenda do pobo aparece na TV unha noticia da Universidade de Wisconsin. Descubriron que as vacas dan máis leite se escoitan música sinfónica! A partir de aquí comeza a aventura da anciá en busca de música clásica e un reprodutor onde poñerlla á súa vaca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario