19 de ago. de 2016

TOMIÑO

O Seixo acolle este fin de semana o festival solidario “I Gass or Grass”

Con exposición de coches e motos clásicas, concertos en vivo e diferentes probas  

Infogauda / Tomiño

 A Praza do Seixo acolle este fin de semana o “I Gass or Grass”, con exposición de coches e motos clásicas, de carácter solidario.  

 Haberá tamén mostra de construtores de motos, mercadiño de pezas de segunda man e venda de produtos relacionados coa temática do evento.  

 A instalación de postos é gratis igual que a inscrición, pero se pedirá aos participantes colaboración con alimentos non perecedoiros, que se destinarán a unha entidade benéfica da zona.  

 Asemade haberá actividades complementarias e concertos en vivo de varios grupos (Los Pontiaks, Kings of the Beach, You Dog, etc.).  

 Os concertos nocturnos serán o sábado, así como a acampada, no Campo do Alivio, mentres que os concertos sesión vermú terán lugar o domingo no Seixo, a partir das 12 do mediodía.  

 Paralelamente ás mostras, o sábado pola tarde celebrarase unha proba de “Dirt Track” no terreo anexo ao Centro Social de Estás.  

 Organiza o colectivo Galician Ryder coa colaboración do Concello.     

Ningún comentario:

Publicar un comentario