23 de ago. de 2016

TUI

Palestra de Galiza Nova sobre a memoria histórica "A mocidade non esquece" 

Este venres 26 de agosto, ás 20:30 na Aula UNED de Tui (rúa Antero Rubín)


Galiza Nova Baixo Miño / Tui

 Este venres día 26 de agosto, terá lugar unha charla coloquio sobre a Memoria Histórica na Galiza,  organizada por Galiza Nova Baixo Miño.  

 A cita terá lugar ás 20:30 h., na Aula UNED de Tui (rúa Antero Rubín), e, contaremos coas intervencións de: Elena Mansiño (simpatizante de Galiza Nova), Alberte Mera (portavoz nacional de Galiza Nova), Marga do Val (escritora, BNG Tui), Alfonso Álvarez Cáccamo (escritor, BNG Oia) e Luis Bará (candidato ás eleccións galegas).  

 No transcurso desta palestra os oradores/as vencellados tradicionalmente ao traballo neste eido aportarán distintos puntos de vista sobre o noso pasado, o que permitirá ofrecer unha panorámica ampla e directa.  

 Ao remate do mesmo procederase a ler un manifesto público e realizarase unha ofrenda floral ante o monumento aos represaliados do 36. 

 Desde Galiza Nova animamos a toda a veciñanza da comarca a asistir ao acto  e así coñecer de primeira man o noso pasado para termos un futuro digno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario