22 de set. de 2016

A GUARDA

O PP DA GUARDA ACLARA QUE O GOBERNO LOCAL NON SOLICITOU NINGÚN OBRADOIRO DE EMPREGO PARA A MOCIDADE 

E dos ordinarios que solicitaron, A Guarda foi un dos poucos concellos da provincia que quedaron fóra por non ter a puntuación suficiente 

Conchi Ortega di que non presentaron ningún proxecto  de obradoiro de emprego para a mocidade na Guarda, segundo orde do 29/12/2015. 

O PP de A Guarda, di que o goberno local non fai nada por solucionar a titularidade da Escola de Oficios, o que lastra a posibilidade de formación para desempregados na Guarda. 



Conchi Ortega Martínez, voceira do Partido Popular da Guarda

Infogauda / A Guarda

 O Partido Popular de A Guarda, apoia a presentación de proxectos para obradoiros de Emprego, e que cumprindo ca puntuación establecida pola orde publicada no DOG de Decembro, se aproben pola Xunta de Galicia, así o ven de afirmar súa voceira da Guarda, Conchi Ortega Martínez.

 A voceira do PP da Guarda, desvela que o Goberno Local da Guarda non solicitou ningún obradoiro de emprego para a mocidade e dos ordinarios que solicitaron, A Guarda foi un dos poucos concellos da provincia que quedaron fóra por non ter a puntuación suficiente.  

Inmoble pertencente a Fundación Manuel Benito Portela Vicente, onde está ubicada a Casa de Oficios
Foto: P.P. A Guarda

 “O alcalde debería preocuparse por presentar proxectos, que a puntuación sexa igual ou superior a outros concellos, e non sexa inferior ao resto, como pasou na ultima convocatoria. Por exemplo, o que se refire á titulariedade do edificio da Escola de Oficios, o Goberno local non arranxou un problema de titulariedade do centro no que se impartían os cursos e agora chegan as lamentacións, explica Ortega. 

 Saben desde hai anos - engade Conchi Ortega - que teñen que solucionar este problema, pero a pesar de levar moito tempo gobernando non hai ningún avance neste sentido.   

 “Para ocultar as súas eivas e a súa falta de interese por solucionar estes problemas, o alcalde pon en dúbida o traballo da Xunta de Galicia e a transparencia desta e dos encargados da avaliación dos proxectos pero non conta que o Concello da Guarda non cumpre cos requisitos da titularidade da escola de oficios,  por mor da “deixadez do alcalde”.   

 A voceira do Partido Popular da Guarda afirma que o alcalde “debe deixar de perdelo tempo en suspicacias non fundadas, e pensar como mellorar eses proxectos para ter a valoración necesaria dentro do orzamento para obradoiros de emprego. Vigo, Vilagarcía, a Deputación ou Ponteareas, si tiveron a valoración dentro da convocatoria de obradoiros de emprego ordinarios, e non  creo que o Alcalde pense, como dixo na  prensa, que a Xunta os concedeu de forma partidista, afirmación  que se demostra non é verdade, o único certo é a súa incapacidade para presentar proxectos con puntuación como os “seus colegas”.  

 Conchi Ortega aclara ademais que no caso do Concello de Vilagarcía, tamén gobernado polo PSOE, obtivo a puntuación necesaria para acceder a dous obradoiros de emprego, un ordinario e outro para a mocidade, polo que lle recomenda ao alcalde que fale co seu compañeiro de partido para que lle explique a convocatoria do DOG e non volver a facer o ridículo.   

 Con todo, a voceira popular pon en valor os obradoiros de emprego e sinala que debería ser unha prioridade para o Goberno Local, “pero por desgracia non é así, xa que nin se molestaron en solicitar un obradoiro de emprego para a mocidade”.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario