24 de set. de 2016

BAIONA

O prazo de execución é de 3 meses e a data límite para a presentación de ofertas é o vindeiro día 19 de outrubro 

O DOG publicou onte a licitación das obras da senda peonil e ciclista na Estrada PO-552, no paseo marítimo de Baiona, por un importe de máis de 182.000 euros 

Esta actuación aproveitará o paseo xa existente, parte da beiravía e a plataforma adoquinada, para construír un novo itinerario, pola marxe dereita da estrada, que permita dividir o tráfico peonil e ciclista  

Este itinerario está enmarcado no Plan de Sendas de Galicia para a comarca de Vigo, que contempla a construción de 11 sendas sustentables e seguras  

Infogauda / Baiona

 A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publicou onte no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das obras da senda peonil e ciclista na estrada PO-552, na zona do Paseo Marítimo de Baiona.
 Estas actuacións licítanse por un importe de máis de 182.000 euros que serán achegados pola Xunta. O prazo de execución é de 3 meses e a data límite para a presentación de ofertas é o vindeiro día 19 de outubro.
 Estas actuacións están enmarcadas no Plan de Sendas de Galicia para a comarca de Vigo, que contempla un investimento de 2,8 millóns de euros para a construción de 11 sendas sustentables e seguras.
 A fronte marítima da travesía de Baiona conta cun paseo con zonas diferenciadas para o tránsito de peóns e bicicletas, salvo no tramo final, desde o PK 16+400 (acceso porto deportivo) ao 16+650 (glorieta no acceso ao Parador), no que non existe unha plataforma para os diferentes usos. Neste sentido, este proxecto ten por obxecto a remodelación da plataforma existente neste tramo para executar un carril para bicicletas, que permita segregar o tránsito peonil do ciclista.
 Para a súa execución, aproveitarase parte da beiravía e demolerase unha parte do paseo, o que permitirá acadar unha sección tipo: con senda ciclista de 1,8 m e senda peonil de 4 m e con dúas pequenas franxas verdes, para separar a calzada do carril destinado á circulación de bicicletas e este da senda peonil. O carril terá pavimento de pedra, atendendo ao estipulado no Plan especial de protección do Conxunto Histórico Artístico do Concello de Baiona.

Ningún comentario:

Publicar un comentario