26 de set. de 2016

BAIXO MIÑO

O PARTIDO POPULAR REVALIDA SÚA MAIORÍA ABSOLUTA

Alberto Núñez Feijoó voltará a presidir o Goberno da Xunta de Galicia


Infogauda / Baixo Miño

 Con unha colleita de 676.676 votos, fronte os 661.281, que acadou en 2012, o Partido Popular foi o que máis respaldo obtivo nas Eleccions Autonómicas celebradas en Galicia, este domingo día 25 de setembro, acadando 41 escanos, de un total de 75 deputados a elexir. Polo tanto, ainda que son datos provisorios, corresponderalle a Alberto Núñez Feijóo, candidato do PP á presidencia da Xunta de Galicia, formar goberno, logo da constitución do novo Parlamento Autonómico galego.

 A seguinte formación, foi En Marea, que acadou 271.418 votos, o que lles da unha representación de 14 parlamentarios.

 En terceira posición quedou o PSdeG-PSOE, que acadou 254.552 votos, que terá tamén 14 escanos. En 2012 había acadado 18 actas de parlamentarios.

 En cuarta posición quedou o BNG-Nós, que acadou 118.982 votos, que terá 6 deputados. Un menos, que en 2012, cando acadara 146.027 votos.

 No que respecta os concellos do Baixo Miño, os resultados foron os seguintes:

A Guarda
PP 2.527 votos (en 2012 obtivera 2.593); En Marea 1.059 votos; PSdeG-PSOE 756 votos (en 2012 tivera 1.037 votos); BNG-Nós 724 votos (en 2012 tivera 676); C´s 186 votos.

O Rosal
PP 1.570 votos (en 2012 obtivera 1.741); En Marea 675 votos; PSdeG-PSOE 527 votos; BNG-Nós 477 votos (en 2012 tivera 524 votos); C´s 92 votos.

Oia
PP 924 votos (en 2012 obtivera 877 votos); PSdeG-PSOE 297 votos (en 2012 acadara 356 votos); En Marea 289 votos; BNG-Nós 132 (en 2012 foran 159 votos); C´s 34 votos.

Tomiño
PP 3.059 votos (en 2012 obtivera 3.382); BNG-Nós 1.229 votos (en 2012 lograra 1.280 votos); En Marea 1.134 votos; PSdeG-PSOE 999 votos (en 2012 lograra 1.089 votos); C´s 211 votos.

Tui
PP 4.302 votos (en 2012 obtivo 4.635 votos); En Marea 1.519 votos; PSdeG-PSOE 1.411 votos (en 2012 lograra 1.264); BNG-Nós 770 votos (en 2012 acada 1.038 votos); C´s 356 votos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario