24 de set. de 2016

VIVENDA

A Xunta de Galicia adxudica cinco vivendas cedidas por entidades financeiras en varios concellos pontevedreses 

As adxudicacións realizáronse en Vilagarcía de Arousa, Lalín, Nigrán e A Guarda

Infogauda / Pontevedra

 A Comisión Provincial de Vivenda da provincia de Pontevedra propuxo onte a adxudicación dun total de cinco vivendas nos concellos de Vilagarcía de Arousa, Lalín, Nigrán e A Guarda despois de estudar os expedientes e documentación presentada polos solicitantes. No concello de Vilagarcía proponse a adxudicación de dúas vivendas e no resto de concellos unha en cada caso, correspondendo a adxudicación á conselleira de Infraestruturas e Vivenda.
 As vivendas adxudicadas hoxe foron cedidas ao IGVS por Abanca e Sareb e destínanse a realoxos de familias en situación de especial necesidade. A adxudicación realízase en réxime de alugueiro social.

Ningún comentario:

Publicar un comentario