10 de out. de 2013

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA AFIRMA QUE "TRAS UNHA NEFASTA XESTION ECONÓMICO-ADMINISTRATIVA VEN A DESAPARICIÓN DO FERRI"

                      
 O transbordador - ou ferri-boat - Santa Rita de Cássia 
Foto: Infogauda

       Nos medios de comunicación, saíron fai días unhas declaracións do Sr. Freitas, Alcalde de A Guarda, sobre a disponibilidade dos novos rexidores da Cámara de Caminha para renegociar a co noso Concello pola débeda do  ferri, que acada a cantidade de DOUS MILLONS SEISCENTOS MIL (2.600.000 euros) EUROS.

       Cada vez que nos últimos tempos ten saído o tema ferri na prensa, tense falado de distintas cantidades de débeda, sin que ninguén a nivel municipal en A Guarda, haxa presentado ningún papel que avale e aclare a situación.

Hai algo moito máis “raro” e “perigoso”, diante dunha cantidade tan grande, ¿Cómo non aparece no apartado de débedas nos presupostos municipais? ¿E coñecedora a Administración Autonómica e Central sobre esta débeda? ¿A que se debe o silencio e pasividade do Goberno Municipal do PSOE? ¿Terán medo a asumir publicamente a nefasta xestión económica e administrativa do séu Goberno?

Sabemos que en distintas etapas se mantiveron xuntanzas entre as dúas Cámaras Municipais, dos resultados: NADA.

A famosa “entidade” que ía crearse entre os dous pobos para a explotación do ferri, foi anulada polo Goberno Central, xa que as negociacións e os acordos entre os dóus países se levaban en Madrid e Lisboa, nunca máis se falou de nada disto. ¿Cando en Portugal se vendía a area extraída do río Miño, alguén deu conta o Concello de A Guarda que se facía co diñeiro cobrado?

¿Qué pasou cos famosos 300.000 euros que estaban nunha conta en letras del tesoro fai anos?  ¿Tan dificil e facer público a xestión económica do Ferri por parte do Concello de A Guarda dende o ano 1995 a 2.013? Tódolos veciños de A Guarda e Caminha teñen dereito a coñecer tódalas xestións do Ferri por parte das súas autoridades o longo do tempo.

Nos non queremos poñer en dúbida calquer débeda que se reclame, -se existe- xa que nos demostra que ata agora o ferri foi rentable, ainda habendo unha intencionalidade por parte das administracións deixando degradar o servicio, perda de persoal técnico (motoristas e patróns), ¿Cantos usuarios se perderon no ferri nos últimos anos?

Se non aparecen as cantidades que se adeudan nos Presupostos Municipais, podería ser por descoñecemento do Goberno do PSOE, o cal sería unha proba da ineficacia e auténtico descontrol na xestión municipal por parte do equipo do Sr. Freitas nestes SEIS (6) ANOS, ou si sabían de que ía o asunto, e non o reflexaron nas contas, estaríamos diante dunha situación intencionada de enganar aos veciños ca verdadeira situación económica do Concello.

Se no ano 2.012 as Contas Municipais pecharon cunha débeda de máis de 1.800.000 EUROS, e aceptamos a cantidade que reclama Caminha, isto supón que a nefasta xestión do Goberno do PSOE do Sr. Freitas, deixa un “pufo” de CATRO MILLONS CATROCENTOS MIL (4.400.000 euros ) EUROS, levando o Concello de A Guarda a unha situación ruinosa, xa que esta cantidade supón máis do 70% dos Orzamentos Municipais.
  
Que se sepa, o ferri (o barco), é propiedade de Caminha, quen o construiu cunha subvención de Bruxelas, o peirao é noso, e os expendedores de boletería, tamén, a tripulación, é persoal da Cámara. ¿¿terán isto moi claro algúns dos que fan os números?? Din –os que saben- que no 1995, posta en marcha do ferri, costou case 800.000 euros ¿dende aquela non se amortizou nada de nada?

Para que exista unha débeda debe (debera) haber un documento, contrato ou “algo” que reflexe uns acordos e compromisos por ámbalas dúas partes. ¿Existe tal documento?  Sería interesante coñecelo para saber os compromisos e dereitos das partes.

¿Alguén sabe que tipo de acordo se asinou cun despacho de abogados de Lisboa para a defensa do Concello de A Guarda? ¿Dónde quedan os “discursos e gabanzas “ do Sr. Freitas e séu séquito sobre as “ maravillas finacieiras da Sra Monserrat Magallanes?

Diante dunha situación tan grave e difícil a nivel municipal, ¿Por qué non se fan públicos os documentos que “avalan” dita débeda? ¿Son  coñecedores os Ministerios de Facenda e de Asuntos Exteriores desta situación de “DEBEDA EXTERIOR” entre pobos de distintos países? ¿Existe algún expediente de crédito nos Departamentos Financieiros do Concello de A Guarda que certifiquen esta reclamación?

¿¿Non nos pasará como sempre, que cando hai algunha “chapuzada municipal” a culpa é dos técnicos??.... unhas veces por embarazo, outras por vacacións, outras por parte dos programas informáticos, e outras….¡¡quen sabe!!, Según xustifican sempre os membros do Equipo de Goberno do Sr. Freitas.

A  Guarda  a 08 de Octubro do 2.013


REXISTRO DE ENTRADA Nº 5.471
DATA DO REXISTRO: 09.10.2013




Beatriz Estévez Álvarez



Nota da Redacción de Infogauda:

Pola súa relación co asunto que aborda o Grupo Municipal Converxencia Galega, con representación no Concello de A Guarda, consideramos de interese, ler o que os nosos colegas de Terra e Mar, informaron oportunamente, e que nos reproducimos en Infogauda.

Ningún comentario: