20 de out. de 2013

A GUARDA

ALDRAMAN
Asociacion de consumidores



 Moción sobre o copago das presentacións farmacéuticas de uso hospitalario e demais recortes en Sanidade, Dependencia e Servizos Sociais.


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
                A Resolución do 10 de setembro do 2013 da Dirección Xeral da Carteira de Servizos do Sistema Nacional de Sanidade e Farmacia publicada no B.O.E. de 19 de setembro do 2013 impón o copago dun grupo de fármacos de dispensación ambulatoria no hospital.

                Pagarase un 10% do prezo do envase cun tope de 4,20 €. Estes fármacos xeralmente caros, destínanse a tratar pacientes crónicos con enfermidades graves coma o cancro, a artrite, a hepatite, a esclerose múltiple, tamén os tratamentos de infertilidade e a prevención de infeccións en prematuros, entre outras.          
                                              
Dita lei é de obrigado cumprimento para as Comunidades Autónomas, as cales terán que despregar un sistema de cobro correspondente co custo engadido que tería.           

O Presidente da Xunta xa confirmou de que o seu goberno aplicará o novo copago.
               
O día 2 de outubro do 2013 o Goberno do Estado ampliou o prazo ata Xaneiro do 2014 ante as protestas do sector de farmacéuticos e mesmo dos gobernos de moitas comunidades. As persoas que necesitan estes medicamentos están afectadas polo cancro, polas chamadas enfermidades dexenerativas e polas enfermidades crónicas. Este novo copago únese a outros que xa afrontan : copago polo servizo sanitario non urxente, copago polas ortoproteses, como muletas ou cadeiras de rodas, copago polos medicamentos de farmacia, de cando foi “o medicamentazo”, e así un tras outro

                Moitos destes pacientes son persoas maiores e dependentes, as cales tamén teñen cada vez menos pensión e menos axudas da Dependencia. Tanto os enfermos, coma os dependentes e os seus familiares tamén necesitan outros servidos que non cubre a Seguridade Social como Fisioterapeutas e Psicólogos.        
               
                Isto todo é un conxunto de cousas que merman absolutamente a calidade de vida digna dunha persoa.              

Ademais o presuposto de Sanidade baixa un 3,5%, o diñeiro para Dependencia conxélase e tamén se conxela para a Política Social e a Igualdade.               

A Asociación de Consumidores “ALDRAMAN” amosa unha postura de rexeita ante as medidas de ministra Sra. Mato, as cales terán un impacto sobre a Saúde moi grave podendo chegar a cualificarse, de telo cuantificado, de delito para a Saúde Pública.
               
A Asociación de Consumidores “ALDRAMAN” rexeita os recortes en Sanidade, Dependencia, Servizos Sociais e Igualdade que está a levar a cabo o Goberno de España e insta a Corporación Municipal do Concello de A Guarda, á adopción dos seguintes :
                                                
ACORDOS
                 1º Solicitar a Revocación da Resolución do 10 de setembro do 2013 citada na exposición, instando a Xunta de Galicia que así o demande ao Goberno do Estado.             

                2º Instar a Xunta de Galicia que de marcha atrás neste copago seguindo o exemplo doutras Comunidades tamén gobernadas polo seu grupo político, e busque outras alternativas a racionalización e optimización do gasto farmacéutico.                                                                   

3º Instar a Xunta de Galicia a que non contribúa a facer esta política de recortes en Sanidade, Igualdade, Dependencia e Servizos Sociais comprometéndose a non baixar nos presupostos próximos as partidas nestes ámbitos nin tampouco conxelalas.                              

4º A Corporación Municipal do Concello de A GUARDA fará saber por escrito a Xunta de Galicia a súa repulsa nesta cuestión debatida, onde tamén se faga constar a esixencia ao Goberno do Estado de que atenda as recomendacións do OMS igual que atende as do FMI.                                                                                                         
5º O Goberno do Concello de A GUARDA, fará un estudio dos afectados no noso municipio por estas medidas e comprométese a dedicar unha partida nos próximos presupostos destinada a axudar as persoas enfermas e dependentes que teñan mais dificultades de afrontar todos os copagos.

A Guarda, a 16 de Octubro do 2.013



Celso R. Fariñas
Asoc. de Consumidores “ALDRAMAN”
A GUARDA-BAIXO MIÑO

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario