10 de out. de 2013

PONTEVEDRA

 DEPUTACIÓN PON EN MARCHA CURSOS DE FORMACIÓN PARA PERSOAL DOS CONCELLOS EN O PORRIÑO, PONTEAREAS,  TUI E NIGRÁN

     ·      Desenvolveranse nos meses de outubro e novembro
 ·       O Plan de Formación da Administración Provincial inclúe tamén cursos on line e semipresenciais
A Deputación de Pontevedra pon en marcha varios cursos de formación continua para persoal da administración local en varios puntos da provincia.
Na zona sur, estas accións formativas impartiranse nos concellos de O Porriño, Ponteareas, Tui e Nigrán durante os meses de outubro e novembro.
O primeiro deles dará comezo o 14 de outubro e estenderase ata o día 22 do mesmo mes. Desenvolverase en xornada de tarde os luns, martes e mércores e centrarase na E-administración: certificado dixital, DNI dixital, factura electrónica e administración telemática.
O día 28 dará comezo unha nova actividade formativa sobre Microsoft Access 2010, que se impartirá no concello de Tui ata o 5 de novembro, tamén en xornada de tarde de luns a mércores.
Nigrán acollerá o curso Microsoft Excel 2010 entre o 11 e o 20 de novembro de luns a martes entre as 16,30 horas e as 20,40 horas e O Porriño unhas xornadas formativas sobre Actualización en materia de tráfico e seguridade viaria, que se desenvovlerá de luns a xoves do 18 ao 26 de novembro.
Trátase de cursos subvencionados polo Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) que forman parte do Plan Integrado de Formación orientado á mellora continua da capacitación e dos coñecementos do persoal da administración local, co obxectivo de garantir o mellor servizo aos cidadáns.
Ademais destes cursos, impártense outros en diferentes puntos da provincia e, tamén, 12 cursos online e 4 semipresenciais coa parte presencial en Pontevedra.
Entre as materias que abordan no conxunto de accións formativas programadas para toda a provincia están: a xestión de ingresos públicos na facenda local; información e atención ao público; actualización de coñecementos sobre diferentes leis e normativas; programas informáticos (AutoCad, Paquete Office…); recursos humanos; seguridade e saúde laboral; contratos no sector público; tramitación de expedientes; administración electrónica; transparencia e bo goberno; prácticas ambientais; novos métodos de diagnose e identificación de bacterias fitopatóxenas, manexo de praguicidas e tratamentos fitosanitarios; nóminas e seguridade social; o procedemento administrativo común; redacción de documentos administrativos; tráfico e seguridade viaria; venta ambulante….

Os cursos van orientados ao persoal da administración local de todos os concellos da provincia que se adheriron a el (58 en total), entre os que se atopan todos os das comarcas de Baixo Miño, O Condado, A Paradanta, así como Mos, O Porriño, Baiona, Nigrán, Salceda de Caselas, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, entre outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario