7 de xan. de 2014

CULTURA

A Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública promove o proxecto ‘Pegadas’ 

Tralos pasos dos peregrinos no camiño Miñoto-Ribeiro 

Reunirá información sobre unha ruta empregada polos enfermos de lepra para viaxar a Compostela


Eduardo Muñiz | Pontevedra 

Invadido pola maleza nalgúns puntos e somerxido no esquecemento noutros atópase na actualidade o camiño Miñoto-Ribeiro, unha antiga ruta de peregrinación a Santiago de Compostela desde o sur da provincia de Ourense. Un camiño que a Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública do campus de Pontevedra e a Asociación Camiño Xacobeo Miñoto-Ribeiro pretenden poñer en valor a través do proxecto Pegadas, co que tentan recompilar, coa colaboración da xente da zona, todo tipo de información sobre unha ruta na que no seu día se levantaron hospitais e lazaretos, xa que era o camiño polo que as persoas enfermas de lepra viaxaban a Compostela, como relata a súa coordinadora, a profesora Lourdes Maceiras.

Ningún comentario: