21 de xul. de 2015

A GUARDA

REMATA A PRIMEIRA EDICIÓN DO VERÁN-DEPORTIVO   

Durante dúas semanas, os oito participantes nesta aventura, realizaron diferentes actividades físicas gozando dos espazos naturais da Guarda

                                  Catro dos participantes na actividade Kayak Senda verde-azul
                                                             Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O pasado venres, día 17 de xullo, rematou a primeira edición do Verán-Deportivo, organizado polo Concello da Guarda, a través da Concellería de Deporte.  

 Durante dúas semanas, os oito participantes nesta aventura, realizaron diferentes actividades físicas gozando dos espazos naturais da Guarda. Así, por exemplo, na Praia da Lamiña tiveron unha busca do tesouro coa dificultade de ter que orientarse cun compás.


 Ademais, os nenos, con idades comprendidas entre os oito e os trece anos, puideron realizar deporte no  Clube Alagua, Clube Remo Robaleira, Padel indoor 2x2, Kayak Senda verde-azul e A Guarda Hockey liña.

 Todo isto e máis, para que os nosos participantes gozaran das múltiples posibilidades de deporte que ofrece o Concello da Guarda.  

Na imaxe, os participantes na actividade de hockey sobre patíns no pavillón das Solanas

 No último día deste Verán- Deportivo, o Concelleiro de Deportes, Javier Crespo, entregoulle a cada un dos rapaces un diploma, tras finalizar a actividade de hockey sobre patíns no pavillón das Solanas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario