21 de xul. de 2015

BAIONA

CULTURA

CAÍNO PINTOR DE BAIONA, UNHA MONOGRAFÍA SOBRE O ARTISTA MIÑORÁN

O escritor Luis Alberto Rey Lama é o autor da publicación que xa está a venda



Caino pintor de Baiona
Foto: Ricardo Rodríguez Vicente

Ricardo Rodríguez Vicente / Baiona 

 Coincidindo no tempo con unha exposición que Caino (Claudio Vasconcellos Cabral), presenta ata finais deste mes de xullo na Galería Sargadelos, de Baiona, vimos de coñecer unha publicación que leva por título Caino pintor de Baiona, da autoría de Luis Alberto Rey Lama. 

 Luis Alberto Rey Lama, que conta con unha extensa bibliografía (Ayer en Baiona, La Casa de Baiona, Baloncesto, arte... y palabras a media voz, Burbujas de gloria, Tiempos de Mamá Felisa, Cestas de "pexegos", Del patio al "siguing", ..., entre outros títulos); fixo unha recopilación de datos sobor de Caino, hilvanando información facilitada polo propio artista, artellada en capítulos - As orixes. Retorno de Londres. Primeita etapa. Dibuxos a plumilla. Anos noventa. Polos colexios.Súa vida. Anos 2000."As portas ausentes". Etapa actual. Hoxe...e mañá -,  coas reseñas e críticas publicadas nos xornais, así como fotografías do pintor de diferentes etapas da súa vida como persoa, como traballador e como creador. E por suposto, dándolle todo o protagonismo á obra que o longo de varias décadas foi producindo Caino, moita da cal figura en numerosas coleccións privadas en varios países dos cinco continentes.

Portada do libro Caino pintor de Baiona

 A publicación, é o noso entender, unha homenaxe os devanceiros de Caino - especialmente a súa avóa Lola Freire e a seus pais, Urbano e Pepita - e tamén os seus irmáns - Ángela, Mon, Andrés e Urbano -, así como a outros familiares do pintor, e por suposto, os amigos de nenez e da mocidade.

Contraportada da publicación monográfica sobre Caino

 No libro - redactado en castelán, ainda que con frases completas de Caino, en Galego, coa gheada e o seseo característicos do Val Miñor - reflíctese á síntese vital de un home sensible, de un traballador con inquedanzas culturais, de unha persoa que se resiste a aceptar como válida, á transformación - en diveros ámetos - que exprementou seu pobo, desde á metade do século XX ata hoxendía. 

 Na publicación queda ben patente o agarimo que Caino sente por Baiona, e polas súas xentes, xa que son os protagonistas ineludibles da súa carreira artística. E queda tamén de manifesto, o amplo currículo de un pintor que expuxo en Londres, New York, Madrid, Vigo, Ourense, Monforte de Lemos, Tui, Baiona,..., entre outras cidades, e que cada día adícalle á Arte o mellor da súa existencia.

 O libro Caino pintor de Baiona ten continente e contido dabondo. Con toda certeza tódalas persoas que o lean van coñecer un pouco mellor a un artista representativo da súa matria natal, e por extensión, saberán tamén moito máis de Baiona.

Ningún comentario: