23 de ago. de 2015

A GUARDA

O CONCELLO DE A GUARDA PRESENTARÁ O PROGRAMA DE FORMACIÓN E EMPREGO CURSO 2015-2016

Será o mércores día 26 de agosto, ás 12:30 h., na Casa dos Alonso



Infogauda / A Guarda

 A presentación do Programa de Formación e Emprego curso 2015-2016 terá lugar na Casa dos Alonso o próximo mércores 26 de agosto ás 12:30 horas, e están convidados os mozos e interesados en xeral para que coñezan directamente dos responsables os dous programas propostos:
1.- Programa de acompañamento e mentoring persoal e profesional para o autoemprego. Este curso concíbese como unha continuación do xa realizado de Dinamización de emprego: sementa o teu futuro. Está pensado para un máximo de 15 participantes que teñan unha idea de negocio a desenvolver ou xa iniciado pero con dúbidas sobre a súa continuidade. Desenvolverase durante seis meses e os módulos distribuiranse en sesións grupais e individuais. As sesións distribuiranse seguindo criterios de continuidade e flexibilidade.

2.- Laboratorio de Ideas Emprendedoras A Guarda (LaIdEA): Fase I Teño unha Idea. Iniciamos un proxecto no que, nesta Fase I, ten por finalidade facilitarlle os xoves da Guarda que estudan ciclos formativos ou estudios universitarios en calquera centro , un espazo de encontro debate para que xeren, creen ideas viables que podan ser desenvolvidas como negocio por parte de empresas interesadas ou que podan ser de interese para calquera institucións públicas. O Concello, nesta Fase I, facilitará a formación destes xoves, nun horario continuado e flexible, en temas relacionados coa creatividade, a innovación e o entorno de traballo en colaboración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario