19 de set. de 2015

A GUARDA

COMEÇAROM AS OBRAS PARA O CENTRO D`INTERPRETAÇOM DAS FORTALEZAS TRANSFRONTEIRIÇAS DO BAIXO MINHO 

Financiadas pola Xunta da Galiza


                    Imaxe: José Manuel Díaz Cobal

José Manuel Díaz Cobal / A Guarda

 Xa começarom as obras -financiadas pola Xunta da Galiza- no espaço interior do Castelo de Santa Cruz que vai ser destinado a Centro d'interpretaçom das fortalezas transfronteiriças do Baixo Minho.  

 Nom sería umha mala data p'ra inaugura-lo o vindeiro 11 de novembro, quando se cumpriríam os 350 anos do asedio e da heroica defensa deste recinto, levada a cabo polos guardeses e outros filhos da Galiza, fronte a imparável invasom do exército portugués ao mando de João Manso (muito máis numeroso en meios humanos e material bélico), no ano de 1665. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario