8 de xan. de 2016

CULTURA

Presentación do libro de poesía "SOMBRA DE LUNA", de Francisco Álvarez "Koki", publicado polo Grupo Editorial Sial Pigmalión 

Será o vindeiro día 12 de xaneiro, ás 19:30 h., na Casa de Galicia, en Madrid

72 poemas que reflicten a visión do poeta galego da cidade de Nova York, onde reside desde 1984, das inxustizas que ve, das súas ilusións, do amor e da dor  

No acto de presentación intervirán, ademais do autor, Vicente Araguas, crítico literario e poeta; Antonino Nieto, poeta e xestor cultural; e Basilio Rodríguez Cañada, presidente do Grupo Editorial Sial Pigmalión
   


Casa de Galicia / Madrid

FRANCISCO ÁLVAREZ "KOKI" (1957, A Guarda), poeta, escritor e xornalista. A súa traxectoria literaria, que comezou hai 35 anos, coa publicación de "Lexanías" (A Guarda, 1980), non tivo paréntese ata agora. Desde aquela ata hoxe, o poeta non deixou de crear versos, tanto na súa lingua materna, como en castelán. E non só exerceu como poeta e como escritor, senón como activista cultural, como dramaturgo e como xornalista.  

 A súa andaina literaria comezouna en Galicia e continuouna en New York, a onde chegou en 1984, sen esquecer endexamais as súas orixes e a súa identidade, como persoa e como poeta. Da súa actividade alén do Atlántico dan boa testemuña os poemarios e obras en narrativa que ten publicado, así como súa participación en libros de varios autores e tamén en antoloxías poéticas.  

 Os seus títulos máis recentes en galego son: "Ratas en Manhattan" (2007), "Maruxía" (2010) e "Un neno na emigración" (2014).  

 En castelán publicou: "Escritores españoles en los Estados Unidos" (2007); "Entre tu cuerpo y mi cuerpo. Antología amorosa del autor 1980-1996" (2006); "Seis narradores españoles en Nueva York" (2006); "Al fin del siglo, 20 poetas. Antología de poetas hispanos en Nueva York" (2000) e "Entre dos aguas" (1995).

Ningún comentario:

Publicar un comentario