ITV PARA VEHÍCULOS AGRÍCOLAS EN OIA
Cristina Correa / Oia
Este mércores día 24 de agosto de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 h., se ubicará unha Unidade Móbil en Torroña, que realizará a inspección técnica de vehículos agrícolas.
Como en anos anteriores, a Unidade Móbil se situará no campo da festa de Torroña.
Esta inspección é obrigatoria para tódolos vehículos agrícolas (tractores, remolques e máquinas autopropulsadas) cunha antigüidade superior a 8 anos e para aqueles cuxa inspección non se atope vixente.
Para solicitar cita previa, pode facelo chamando ao teléfono 902 309 000 ou a través da páxina web www.sycitv.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario