24 de xan. de 2017

A GUARDA

Continúa aberto o prazo de inscrición no curso de lingua de signos e no obradoiro de bixutería de reciclaxe da OMIX   


Infogauda / A Guarda

 Dende a OMIX do Concello da Guarda, dependente da Concellería de Xuventude, recórdase que continúa aberto o prazo para inscribirse nos dous primeiros cursos que realizarán este ano. Esta proposta de accións formativas e lúdicas para o comezo do 2017 conta con dous actividades que se levarán a cabo no mes de febreiro. O primeiro dos cursos ofertados é o de lingua de signos. Este é un curso que se repite debido á boa acollida da pasada edición. Impartirase os xoves de 19:30 a 21:30 horas, cun total de 20 horas, e ten un prezo de 25 euros.  

 Ademais levarase a cabo un obradoiro de balde, dentro da corrente do faino ti mesmo/a, de bixutería de reciclaxe (elaboración de complementos orixinais, diferentes e renovados). Este obradoiro gratuíto terá lugar o venres 3 de febreiro de 19 a 21:30 horas e é necesario inscribirse previamente.  

 Toda a información e inscricións poderanse atopar e realizar na OMIX, a través do teléfono 986 614 546, no correo electrónico informacion@aguarda.es ou no perfil de Facebook.

Ningún comentario:

Publicar un comentario