22 de xan. de 2017

A GUARDA

BIOGRAFÍA DO COSTIÑA



Proxecto Socheo / A Guarda


Joaquín García Portela “Costiña”. Naceu no ano 1894. Recibiu o sobrenome do “Costiña” polo alcume do seu padrasto: Bernardo García. Desde ben mozo comezou a traballar de mecánico e de latoeiro. As dificultades económicas lévano a emigrar a Arxentina. En Bos Aires afondou na súa formación como fotógrafo. Regresou A Guarda a comezos da década dos anos 20 instalándose coa súa familia nunha casa preto de Laxe Grande. O seu interese pola técnica lévao a sacarse a licencia de técnico de radios. O seu desempeño laboral o leva a estar á ultima en novidades polo que a mediados da década dos anos 20 merca un proxector e unha cámara Pathé de 9,5 mm. Entre 1926 e 1929 fai filmes familiares. Gracias ao seu achádeo, estudio e posterior dixitalización podemos dicir que, a día de hoxe, o Costiña é o pioneiro do cinema na Guarda. O interese pola cinematografía lévao a ser operador de cabina de cinemas da Guarda: Cine Ideal e Cine Avenida. A finais da década dos 40 traslada o seu estudio fotográfico para o número 45 da rúa Concepción Arenal. Durante este tempo exerce como fotógrafo de estudio destacando pola súa bonhomía. Finou no ano 1957.
Preguntas e respostas:
Quen era o Costiña?
O Costiña era o alcume de Joaquín García Portela. Naceu en 1894 e finou en 1957. Estivo emigrado en Arxentina entre 1914 e 1920. Foi fotógrafo. Primeiro tivo un estudio en Mazaracos e despois, en 1941, abriu un estudio na Rúa Concepción Arenal, ao carón da Praza de Abastos.
O Costiña só fixo fotografía?
O Costiña era moi polifacético, gustáballe moito experimentación, foi mecánico, latoeiro, chofer, arranxaba radios, pirotécnico, químico… Artisticamente tamén lle gustaba pintar cadros ao óleo e grazas ao seu interese pola fotografía tamén chegou ao cinema: primeiro facendo filmes e despois sendo proxeccionista en cines.
Sabes o que é un pioneiro?
Un pioneiro é unha persoa que fai unha cousa por primeira vez en determinado lugar con poucas referencias ou dunha maneira autodidacta.
O Costiña foi un pioneiro?
Os seus filmes foron feitos entre os anos 1926 e 1929. Ata que se atopen filmes máis antigos podemos dicir que o Costiña foi o pioneiro do cinema na Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario