24 de xan. de 2017

A GUARDA

A Policía Local da Guarda reforza os mecanismos para o control do abandono de animais

Lector de chips adquirido polo Concello da A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda vén de adquirir dous elementos que reforzarán o control de animais por parte da Policía Local da vila. Estes mecanismos consisten nun lector de chips e unha xaula para a retención temporal dos animais, á espera de que apareza o dono ou se faga cargo a empresa coa que o concello ten convenio (Tragsa).

 Deste xeito, a Policía Local da Guarda contará con máis medios para o control de animais domésticos abandonados ou perdidos. É obrigatorio que estes animais leven chip, e  o lector  adquirido  polo  concello permitirá controlar a aqueles cans que se escapen ou perdan no municipio; así como detectar aqueles que non teñan chip e dar un prazo aos seus donos para que llo poñan.

 O  obxectivo   desta   medida   é  evitar   o   abandono   e loitar  contra  o   maltrato   animal. Ademais, tamén pode permitir localizar aos cans que fan as súas defecacións na vía pública, e aos seus propietarios, para que este feito poda ser motivo de sanción de acordo ao regulamento. 

 Manter A Guarda limpa é cousa de todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario