23 de xan. de 2017

TOMIÑO

ADETO finalizou a campaña do Nadal ca entrega de premios dos cheques regalo o pasado venres

Despois de repartirse máis de 30.000 papeletas polos asociados participantes

A fotografía corresponde o acto de entrega dos premios os escolares do concurso de postais de Nadal


Lorena Quinteiro / Tomiño

Ás 21:00 horas do venres día 20 de xaneiro, procedeuse a entregar os premios ó centenar de gañadores dos cheques e agasallos doados polos establecementos participantes na campaña, así como os aportados por ADETO. (A todos os que non puideron asistir a recoller o seu premio, poden achegarse ata o local de ADETO nas Galerías da Rúa Gondomar polas mañás).


Na imaxe, directivos de ADETO e clientes premiados polas súas compras nos establecementos asociados 

Unha campaña na que se realizaron diferentes actividades tamén, como foron animación nas rúas os días 23 e 30 de decembro, a colaboración co Concello nas Actividades de Nadal que se realizaron na carpa na Praza do Seixo, ou a celebración, un ano máis, do concurso de postais de Nadal, entre os nenos de tódolos colexios do concello de infantil e primaria, e no que participaron uns 400 alumnos, resultando premiadas 8 postais de varias categorías, sendo os gañadores:

CATEGORÍA A (Educación infantil):
Alba Pérez Muñoz - CRA Mestre Manuel Garcés
María Pérez Ríos - CEIP de Tebra

CATEGORÍA B (1º e 2º Primaria):
Aaron Dacuña Sierpes - CEIP de Sobrada
Brais Da Silva Alonso - CEP Pedro Caselles Beltrán

CATEGORÍA C (3º e 4º Primaria):
Noa Pérez Ríos - CEIP de Tebra
Tomás Castiñeira Troncoso - CEIP Pintor Antonio Fernández

CATEGORÍA D (5º e 6º Primaria):
Virginia Beiro Bernández - CEIP Pintor Antonio Fernández
Ismael González Álvarez - CEP Pedro Caselles Beltrán

Este ano ademáis, o Servizo de Atención Diurna do Concello de Tomiño integrado na rede pública do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar dependente da Conselleria de Política Social,  en colaboración coa asociación realizou unha coroa de Nadal decorativa para cada establecemento asociado.

 As coroas, feitas a man e con materiais totalmente reciclables e reutilizables, foron creadas polos/as usuarios/as con apoio do persoal. Entre ambos recopilaron o material necesario para crear os adornos que van dende o papel de periódico que reciben todos os días no centro ata retallos pequenos de tea que tiñan pola casa, pasando por restos de vides sobrantes da poda ou tapóns de botellas plásticas e cortizas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario