24 de xan. de 2017

TUI

O  BNG en Tui presenta unha moción en defensa dunha autoestrada galega, pública e sen peaxes 

No vindeiro pleno deste xoves 

Carme Núñez e José Martínez Tato, concelleiros do BNG no Concello de Tui


Infogauda / Tui

 "A AP-9 é unha vértebra fundamental no eixo atlántico da Galiza  e a percorren milleiros de persoas cada dia, isto supón un lastre  para a economía e os petos das galegas e galegos, tendo unha das peaxes máis caras do estado español", asegurou a portavoz municipal do BNG, Carme Núñez.  

 "Audasa - engade Carme Núñez - ten recaudado máis de 2.200 millóns de euros nas peaxes desde a súa apertura.Os beneficios que obtén a empresa non repercuten na mellora do servizo, ao contrario. As longas colas son habituais en determinadas épocas do ano e a iluminación e o asfaltado é deficiente en moitos tramos. Por riba, as e os usuarios habituais da AP-9 non poden beneficiarse de descontos polo seu uso frecuente, descontos que Itínere -o grupo onde se integra Audasa- si ofrece noutras autoestradas do Estado.  

 O deseño estatal de vías de grande capacidade obedece, de orixe, a unha concepción centralista e radial, allea por completo ás necesidades da realidade territorial, social e económica do noso país. A consecuencia é que temos unha maior facilidade de desprazamento cara a Madrid que cara dentro da propia Galiza.  

 A nosa petición é clara. Queremos que remate a estafa legal das peaxes da AP-9, a través do rescate da concesión, da súa transferencia á Galiza e da supresión das peaxes. 

 Para iso desde o BNG entendemos precisa  unha resposta unánime, deste concello, que esixa ao  Goberno español o cumprimento  do acordo tomado polo Parlamento Galego".

Ningún comentario:

Publicar un comentario