10 de mar. de 2017

A GUARDA

O Concello da Guarda organiza unha saída de fin de semana á Serra do Courel 

Esta actividade conta con prazas limitadas e os interesados teñen de prazo para realizar a inscrición ata o mércores 29 de marzo






Infogauda / A Guarda

 Tras as boas experiencias dos pasados anos coas andainas impulsadas dende o Concello da Guarda, para o vindeiro mes de abril este organiza conxuntamente con Eroski Viajes unha saída de fin de semana ao Courel na que se poderá desfrutar da gran riqueza natural e paisaxística desta Serra luguesa.  

 A saída será os días 22 e 23 de abril, unha vez pasada a Semana Santa e xa metidos de cheo na primavera, e nela realizaranse dous percorridos pola Serra. A saída inclúe desprazamento de ida e volta en autocar e pensión completa en aloxamento rural por un prezo estimado de 89 € por persoa. 

 A saída será o sábado 22 ás 8:30 horas e o regreso o domingo día 23 a partir das 18:00 horas.  

 Esta actividade conta con prazas limitadas e os interesados teñen de prazo para realizar a inscrición ata o mércores 29 de marzo. Tanto para realizar estas inscricións como para consultar máis información poden poñerse en contacto coa Oficina de Turismo da Guarda de maneira presencial de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, no teléfono 986 61 45 46 ou a través do correo electrónico turismo@aguarda.es. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario