15 de mar. de 2017

O ROSAL

1ª MOSTRA DA CAMELIA NO CONCELLO DO ROSAL  


Infogauda / O Rosal

 Os días 1 e 2 de abril de 2017, celebrarase na Sala de Exposicións do concello do Rosal a 1ª Mostra da Camelia, organizada pola AICAM “Asociación Ibérica da Camelia” e o Concello do Rosal. 

 Realizarase un obradorio gratuíto de esmaltado. Todas ás persoas que desexen participar deberán inscribirse no concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario