24 de abr. de 2017

O ROSAL

CONCERTO XXXI ANIVERSARIO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

Domingo 30 de abril, ás 20:00 h. no Auditorio do Rosal


Agrupación Musical do Rosal / O Rosal

 Este vindeiro domingo 30 de abril, ás 20:00 h. no Auditorio do Rosal, celebraremos o 31º Aniversario da Agrupación Musical do Rosal. Nesta ocasión o concerto terá unha cor diferente, xa que se subirán ao escenario varias formacións para interpretar de maneira conxunta un programa que abarcará distintos estilos, se ben o xénero que predominará será o da lírica con varias zarzuelas e ópera.  

 Ademais de varias das agrupacións da nosa asociación (banda de música, coral e coro de nenos/as da escola de música) contaremos tamén nesta ocasión coa colaboración da Coral San Telmo de Tui. Durante o acto pasarán polo esceario máis de 200 persoas que estarán baixo a batuta do director da banda de música da Agrupación Musical do Rosal, Javier Bascoy.

Ningún comentario:

Publicar un comentario