5 de abr. de 2017

SALVATERRA DE MIÑO

Na supervisión do estado das pistas de tenis da Canuda, renovadas pola Xunta de Galicia 

A secretaria xeral para o Deporte traslada o compromiso da Xunta “para dotar a Galicia dunhas instalacións deportivas renovadas, reformadas e de primeiro nivel” 

A renovación das pistas de tenis do parque da Canuda obedece ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Salvaterra de Miño asinado o pasado 11 de agosto de 2016 polo que a Xunta subvencionou as ditas actuacións achegando ao Concello a cantidade de 40.000 euros

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, visitou hoxe o Concello de Salvaterra de Miño onde, acompañada de membros da corporación local supervisou o estado das pistas de tenis da Canuda

Infogauda / Salvaterra de Miño

 A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, visitou hoxe o Concello de Salvaterra de Miño onde, acompañada de membros da corporación local supervisou o estado das pistas de tenis da Canuda, renovadas pola Xunta de Galicia. Na contorna do parque da Canuda, a máxima responsable do deporte a nivel autonómico trasladou o compromiso do Goberno galego “para dotar a Galicia dunhas instalacións deportivas renovadas, reformadas e de primeiro nivel”.
 Nesta liña, Míguez lembrou que a Xunta de Galicia continúa traballando na “mellora das infraestruturas galegas para o beneficio de todos os cidadáns” e, no que respecta ao deporte, “a Secretaría Xeral seguirá pondo a disposición dos deportistas galegos as mellores instalacións para acadar o seu maior rendemento”. “Se queremos contar cos mellores deportistas, precisamos das mellores instalacións”, engadiu.
 A renovación das pistas de tenis do parque da Canuda obedece ao convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Salvaterra de Miño asinado o pasado 11 de agosto de 2016. Segundo o acordo, a Xunta de Galicia subvencionou as ditas actuacións achegando ao Concello a cantidade de 40.000 euros que responde ao importe total das mesmas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario