6 de maio de 2017

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA CHAMA Á ATENCIÓN O EQUIPO DE GOBERNO MUNICIPAL 

SOBOR DO DETERIORO DO ENTORNO DO COLEXIO DE SOLANAS

Fotografías: Converxencia Galega / A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Adxuntando catro fotografías que dan testemuña do estado no que ser atopa o entorno do centro educativo de As Solanas, o responsable local de Converxencia Galega, Josué Álvarez Alonso, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte interpelación:


DEIXADEZ E ABANDONO NO COLEXIO DE SOLANAS

 Fai un tempo, o Grupo Escolar “Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo” foi noticia polo estado perigoso en que se atopaba o séu pavillón deportivo, fundamentalmente o seu teito, que nos días de mal tempo era sumamente perigoso, polo risco de que as chapas da cuberta poideran caer sobre o alumnado ou das persoas que por alí transitaban, e que se convirtiu nun rifi-rafe entre Concello e a Administración Autonómica, respecto a quen debía pagalas obras, e nunha solución salomónica, pagaron a medias e xa se pode facer uso do mesmo con seguridade, e sin que exista perigo de percances.
  


 Agora, vimos a chamala atención sobre as medidas de seguridade que existen o arredor do seu patio e zona contigua, dado que dende que as galernas que sufrimos no mes de xaneiro, unha parte do peche perimetral, víuse abaixo polos impactos do mar, sin que a día de hoxe se tomara ningunha decisión para realizalas obras necesarias para arranxar o peche da mesma, ou mandar retiralas pedras que o mar empuxou hacia este espacio.


 Ademais, estas mesmas galernas, impactaron sobre o denominado “sendeiro azul”, donde nalgúns tramos quedou esnaquizado, sin que tampouco se fixera nada por arranxalo, sendo un espacio por onde acostuma a pasear bastantes persoas en distintos horas do día, e sendo coñocedores desta situación algún dos compoñentes do Equipo de Goberno, pero miran para outro lado e deixan que se siga deteriorando.


 Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar do Equipo de Goberno do PSOE para que impartan as ordes oportunas e se leven a cabo as obras necesarias nestas instalacións, tanto escolares como de lecer, para evitar que se poida producir algunha situación non desexada, ben en accidente ou de maior alcance.                                                                                                                                                                       
A Guarda, a 04  de maio do 2.017  
  

Josué Alvarez Alonso   
Responsable Local de CONVERXENCIA GALEGA 


Sr. Alcalde-Presidente
CONCELLO DE A GUARDA 

1 comentario:

  1. A ver se conseguides algo denunciando unha é outra vez este tipo de cousas porque parece que nin o alcalde nin os concelleiros se preocupan o mais mínimo po lo mal estado das cousas .

    ResponderEliminar