19 de maio de 2017

A GUARDA

Deputados autonómicos reúnense co PP da Guarda para abordar varios temas de interese municipal como a saída sur do Porto  

Teresa Egerique e Alberto Pazos visitaron A Guarda para coñecer de primeira man as posibles solucións á saída sur do Porto

O PP local está en comunicación constante co grupo parlamentario popular para abordar temas que afectan A Guarda 

Conchi Ortega agradece o interese e a sensibilidade que amosan para coñocer os problema da Guarda de primeira man 

Os deputados autonómicos do PP, Teresa Egerique e Alberto Pazos, reuníronse con representantes locais do Partido Popular de A Guarda
Foto: PP / A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Os deputados autonómicos do PP, Teresa Egerique e Alberto Pazos, reuníronse con representantes locais do Partido Popular de A Guarda, "para interesarse sobre varios temas de interese municipal, especialmente as posibles solucións cara a saída sur do Porto".  

 Segundo afirma Conchi Ortega, voceira do Partido Popular da Guarda "o propio grupo municipal ten as súas propostas para o trazado, pero tamén é consciente de que serán os técnicos os que decidan a viabilidade, e os organismos implicados os que concedan os permisos si é procedente".

 Ortega sinala igualmente: "Teresa Egerique, que foi a deputada encargada de contestar á errónea proposta do BNG na Comisión de Pesca, amosou o seu interese por coñocer a proposta do grupo municipal desde hai meses. Nesa comisión, quedou en evidencia a deputada Belén Prado do BNG, que só levaba unhas notas preparadas, pero que descoñecía totalmente a realidade e as necesidades, en todo o relacionado coa saída sur do porto da Guarda, nin sequera coñecia que había un informe técnico municipal desfavorable sobre a saída dibuxada no Plan Xeral Urbanístico  vixente na Guarda, que lle amosou a deputada Popular na Comisión de Pesca".  

 Conchi Ortega, amósase "satisfeita da colaboración do grupo parlamentario, non só por esta reunión na Guarda, senón tamén polo diálogo permanente".

Ningún comentario:

Publicar un comentario