10 de maio de 2017

A GUARDA

Maio gastronómico e das Letras

O homenaxe a Carlos Casares e a actuación do Coro Gli Appassionatti abren a programación de maio   


Infogauda / A Guarda

 Baixo a denominación Maio gastronómico e das Letras o Concello da Guarda reúne a intensa programación cultural destas datas, no que se acumulan os eventos en torno as Letras Galegas e outras actividades culturais e de ocio, como son a celebración do Día dos Museos ou a xa consolidada ruta gastronómica Tapearte.  

 Para este segundo fin de semana do mes contamos xa con citas destacadas. A primeira delas será o Homenaxe á Carlos Casares, que se realizará o venres 12 ás 20:30 h., na Biblioteca Municipal da Guarda, consistente na lectura de fragmentos da variada obra de Carlos Casares e a interpretación de temas por parte das pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa

Coro Gli Appassionatti


 Mentres que o sábado á noitiña na Igrexa Parroquial os guardeses terán a oportunidade de gozar cun concerto de primeira calidade da man do afamado Coro Gli Appassionatti, ás 21h. Este coro, formado no 2012 da man da mezzosoprano Nuria Lorenzo, é un coro integrado por xente nova, apaixonada polo canto e a música. Cun amplo palmarés de títulos para a súa curta traxectoria, o coro presentouse nos auditorios galegos (Vigo, A Coruña, Pontevedra) con repertorios do máis variado, ben sexan de Pop-Rock, Zarzuela, lírica, música tradicional, bandas sonoras, etc.. Culminando ó final do 2016 coa participación como coro de destacadas óperas: Nabucco, no Teatro Afundación de Vigo ou Carmina Burana, en Valga.  

 Para este sábado na igrexa Parroquial ofrecen un variado repertorio con temas de música sacra, tradicional, habaneras,... 

 Obradoiro CreaTi 


 Pero este fin de semana tamén nos ofrece unha actividade máis lúdica da man dun obradoiro para “desbloquear a creatividade”, que se realizará na Casa dos Alonsos o sábado de 11 a 13h. E para o que é preciso anotarse previamente na Omix (informacion@aguarda.es; 986 614 546)

Ningún comentario:

Publicar un comentario