3 de maio de 2017

A GUARDA

A ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI COMEZA O CAMIÑO DE SANTIAGO POLA COSTA

A iniciativa está enmarcada dentro das actividades programadas para festexar o XL Aniversario da Asociación



Asociación San Xerome Emiliani / A Guarda

 Este ano 2017 cumprimos 40 anos traballando por acadar os soños e obxectivos dos nosos usuarios e familias, polo que decidimos levar a diante unha iniciativa enmarcada dentro das actividades programadas para festexar o noso 40 aniversario: realizar o Camiño de Santiago pola costa. 

 Facer o Camiño de Santiago supón un reto de aprendizaxe, unha experiencia diferente, unha oportunidade de interaccionar e disfrutar cos compañeiros, de coñecer novos lugares e sobre todo pasalo moi ben. 

 Realizaremos o camiño en 10 etapas, unha etapa cada xoves rematando o xoves 6 de xullo de 2017. Participaran todos os usuari@s do servizo de adultos que o desexen, profesionais, familiares e voluntarios. 

 Comezamos o camiño o xoves día 4 de maio na Praza do Reloxo e a etapa remata en Oia.

 Agradecemos a todos os colaboradores a súa aportación para que outro soño mais se cumpla.

Ningún comentario:

Publicar un comentario