16 de maio de 2017

A GUARDA

A CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN PIDE UNHA CITA CO XEFE TERRITORIAL DE EDUCACIÓN 

PARA FALAR DAS NECESIDADES DOS CENTROS ESCOLARES DE A GUARDA
  
Elena Baz Rodríguez, concelleira de Cultura, Educación e Xuventude, do Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Procedente do Concello de A Guarda, no día de hoxe 16 de maio de 2017, recibimos na Redacción deste xornal dixital, o seguinte comunicado de prensa, que reproducimos literalmente: 

 Dende a Concellería de Educación do Concello de A Guarda foi pedida unha cita co Xefe Territorial de Educación en Pontevedra, D. César Pérez Ares para poder falar en persoa sobre as necesidades dos Centros Escolares de A Guarda. Esta cita é solicitada ante a falta de resposta por parte desta Xefatura ós reiterados escritos que durante este curso escolar se enviaron para falar dos compromisos adquiridos con algúns dos centros e que non foron levados a cabo, e tamén de obras que deberan acometer en Centros que son moi antigos e nos que non foron acometidas reformas en moitos anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario