15 de maio de 2017

BAIXO MIÑO

COMIDA SOLIDARIA DE SOS TOMIÑO BAIXO MIÑO 

Terá lugar o día 4 de xuño, ás 14:00 h, baixo carpa, no parque de Pías ao lado da ponte do Tamuxe, no Rosal



Infogauda / Baixo Miño

 Como cada ano, dende o ano 2008, a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, vai celebrar o seu IX Xantar Solidario,  que terá lugar o vindeiro 4 de xuño de 2014, ás 14:00 h, no parque de Pías (O Rosal), ao lado da ponte do río Tamuxe, baixo carpa.  

 Este xantar, ten a dobre finalidade de agradecer:  

O traballo que ao longo do ano fai o grupo dos voluntarios.   

A colaboración das persoas e entidades que axudan co seu traballo ou facendo algunha doazón, tanto económica como de alimentos.  

Póñense a venda, invitacións para participar neste Xantar Solidario. Custa 20 euros, e para os máis novos, só 10 euros. 

 Tamén se poñen á venda, invitacións da mesa 0, para que todas aquelas persoas que desexen colaborar coa Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, sen asistir ao Xantar, poidan facer o seu donativo de 5 euros.  

 O diñeiro recadado ten unha  única finalidade: a compra de alimentos para as familias necesitadas,  que a Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño, atende neste momento: 34 familias en Tomiño, 81 no Concello de Tui e 6 no concello do Rosal.  

 O ingreso pode facerse nas contas que a entidade ten: 
ABANCA: ES 90 2080 5064 89 3040013927 
LA CAIXA: ES 31 2100 4713  11 0200049818 
BANCO POPULAR-PASTOR: ES56 0075 8905 38 0600162212      

 Neste Xantar Solidario, colaboran:  Regina Viarum, Agua Fontecelta, Altos de Torona, do grupo de empresas de Horacio Gómez; Bodegas Val Miñor, Panadería Currás, Panadería Tudense, Panadería O Rollo, Panadería Manuel López e Panadería Xulio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario