3 de xuño de 2017

A GUARDA

CULTURA

ÁLVARO VILLA ANDRÉ PRESENTOU SEU LIBRO AGRANDAMUNDOS - POESÍA, MOTIVACIÓN Y "NO SÉ QUE"


Álvaro Villa André - a esquerda da imaxe - e Rosa Ayuso Díaz, con Ricardo Rodríguez Vicente 
Foto: Teresa Espejo


Infogauda / A Guarda

 Na tardiña de onte venres día 2 de xuño, o salón de actos do Centro Cultural da vila de A Guarda acolleu á presentación de Agrandamundos - Poesía, Motivación y "no sé que", da autoría do poeta e escritor Álvaro Villa André, publicado por Aliar ediciones.

Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda con Álvaro Villa André
Foto: Infogauda

 O evento contou coa asistencia do alcalde A Guarda, Antonio Lomba Baz, quen saudou o autor e deseguido deu a benvida a tódolos presentes. Asemade dixo que por motivos persoais a concelleira de Cultura, non pudo asistir.

 A continuación logo de proxectarse un trailer presentación do libro, con imaxes e música - composta por Álvaro Villa André mediante Magix Music Maker -, interviu o cronista Ricardo Rodríguez Vicente, que entre outras cousas dixo: 

 "(...) Botando unha ollada a tempos pretéritos, como acostumaba decir noso relembrado colega nas tarefas informativas Ángel Luis Troncoso Alonso; a andaina literia de Álvaro Villa, comeza, de xeito oficial, poderíamos decir, dando o prelo súa primeira publicación en formato libro, titulado “Las Crónicas de Ava - “Poesías y Frases del Alma de Danza, Amor y Astronauta”. Foi dende entón cando moitos seguidores, entre os cales nos incluimos, pudemos palpar a ilimitada sensibilidade de un autor que ten a capacidade de crear no devalar cotiá, fermosas metáforas, rexistrando como un notario insomne, todo canto acontece no seu día a día. Pero cuxa labor non a fai de xeito burocrático ou protocolario, nin moito menos aritmético, senón espindo súa lúcida mente i envorcando na páxina en branco, tódolos pensamentos, tódalas sensacions, tódalas querencias,..., de un xeito áxil, intelixente,..., sen ningún tipo de escudo protector. Nin siquera provisto da indumentaria externa, que tantas veces oculta a verdadeira persoalidade de cada ser humán.

 Álvaro Villa André amósasenos tal e como é. Auténtico. Un ser moi especial, con carácter, máis con un interior de albura total.

 Lendo seus libros constatamos o que xa intuíamos antes de publicar “Las Crónicas de Ava, reafirmándose no seu segundo libro “Pelo mandarinas para ti”.

 Álvaro é un escritor con unha literatura fresca, de grata lectura, merecente de que nos anaqueis de cada biblioteca pública ou doméstica lle reservemos un oco para que todos poidamos disfrutar do pracer de ler. Libando o néctar do seu persoal rexistro vivencial. Dos seus pensamentos máis íntimos, a veces mesmo procaces, pero con elegancia e sutileza, sen caer no vulgarismo.

 Agora, desde Granada, onde ten ancorada, desde fai uns anos súa nave intergaláctica, que o ten levado polo espazo exterior e mesmo polo interior; e onde desenvolve non poucas tarefas. Por exemplo en ASPACE, ademáis de colabourar en “Ruedas con Ritmo”, onde imparte clases de Danza Inclusiva, e onde conflúen “andantes, rodantes e muletantes”, como él mesmo dí;  voltou a incluir a vila de A Guarda no seu periplo de presentacións de un novo libro seu, que leva por título “Agrandamundos – Poesía, motivación y "no se que”. 

 E podemos afirmar que se os precedentes eran de un contido engaiolante, este ven a confirmarnos o que xa sabíamos: Álvaro Villa André é un escritor vocacional, un verdadeiro poeta, cuxa obra é dunha altura literaria pouco común. Nin máis, nin menos, como é él. Un ser entrañable, con unha vitalidade interior que lle impulsa cada día, en todas e cada unha das actividades que desenvolve. Seu lema xa o dí todo: “Se eu podo, tí máis”.

 Recomendamos vivamente á lectura, de vagar, de “Agrandamundos”, este novo libro de Álvaro Villa. Porque ten un contido realmente cautivador, que nos fará disfrutar coa riqueza lingüistica e coa lucidez de un autor sen ataduras, sen autocensuras, ceibe como as volvoretas. 

 Nesta entrega, Álvaro adoita un maior compromiso na súa mensaxe. Unha maior responsabilidade en todo canto palpita a seu arredor. Nada lle é alleo. E iso figura neste libro que é unha xoia para ler aos poucos. Sen pretender chegar o remate canto antes. E preciso, darlle o seu tempo é lectura. Para captar as mensaxes que o poeta, o amante, o motivador, o home sensible,..., nos dirixe en poemas de métrica libre. En alfaias de verbas que transpiran libertade, sentimentos, ..., en versos que liberan (...)".

 Rodríguez Vicente agradeceu á asistencia do alcalde e máis dos veciños que non quixeron perderse este acto, e por suposto á Alvaro Villa André, por voltar a fixar unha data da súa axenda e presentar esta nova criatura literaria no pobo de A Guarda, onde ten vencellos familiares, e por suposto por contar novamente coa participación do devandito cronista.

María José Baz Martínez e Cami
Foto: Infogauda

 A continuación sería a cantautora María José Baz Martínez quen poría súa gratísima voz e as notas da súa guitarra, para interpretar un tema en solitario - "Frente a frente", de Jeanette -, e logo outra canción - "Viento del Norte", letra e música, de Nando Agüeros na compaña de súa curmá Cami.

 Logo desa fermosa actuación, Álvaro Villa reproduciu un tema músical - "Avaherz" - da súa autoría que - xunto con outros oito máis - se inclúe opcionalmente, co libro.


Rosa Ayuso Díaz, poeta e amiga do escritor, recitando un dos poemas de Álvaro Villa André
Foto: Infogauda

  Pola súa parte, Rosa Ayuso Díaz, amiga de Álvaro Villa,fixo un retrato intimista do escritor, poeta, motivador,..., salientando a súa bonhomía. "Para mí - dixo Rosa Ayuso -, Álvaro es un referente humano. El me motivó a que yo me decidiese a escribir poesía e incluso a publicar un libro. 

 Entre otras muchas cualidades de Álvaro yo quiero destacar su tenacidad, su afán de superación, su honestidad y su sinceridad (...)".

 Rosa Ayuso tamén nos desvelou a anécdota do título deste novo libro de Álvaro, que en parte - o referente a frase "no se qué" - viu motivada pola deseñadora da portada, Laura Sotelo Ayuso, filla de Rosa, quen nun intre dado, en conversas co editor, lle dixo como era o título do libro, engandindo ese "no se qué", como algo referente o subtítulo da publicación que ainda non tiña concretado co autor. Foi dese xeito, como o editor non dubidou en suxerir que no subtítulo se incluise y "no se qué”.

 Na súa amena intervención, Rosa Ayuso dixo que este libro é unha guía perfecta de vida. Que quita o medo ao non. Que nos libera de culpa, e que convida a derrubar barreiras, impostas ou propias,...

 Ayuso tamén comentou que neste libro Álvaro Villa pon o dedo na chaga, denunciando ás inxustizas, que como no caso de Siria, sófrenas maioritariamente os máis febles (nenos e ancians).

 Na súa intervención Rosa Ayuso salientou outros rexistros que o autor tamén incluiu neste libro, levándonos con delicadeza a un mundo erótico, sensual,..., presentes na vida de todo ser humano. E faino, dixo, sen atinguirse a normas preestablecidas.

 "Álvaro es - engadiu Rosa - un explorador de la vida. Un viajero incansable, observador, reflexivo,...(...)".

 Asemade, Rosa Ayuso recitou alguns dos poemas que Álvaro Villa incluiu neste libro.

 "Con Álvaro Villa la polémica está servida", concluiu Rosa Ayuso.

 Como é natural, o autor tamén tivo súa correspondente intervención, para decir, entre outras cousas, que ás súas creacions musicais, veñen motivadas pola influenza que na súa persoa tivo a música de Mike Oldfiedl. 

 Dixo tamén que namentras algunhas persoas lles gusta viaxar o Caribe, México, Illas Canarias,..., él síntese atraído por Islandia. "Hay géiseres, volcanes, lagos, agua, niebla,..., espacios abiertos. ¡Me gusta Islandia!(...)".

 No referente a seu libro Álvaro Villa dixo que é un brinde á motivación.

 Tamén relembrou súa exitosa participación no Certame de Poesía "Feliciano Rolán" que cada ano organiza á Agrupación Cultural Guardesa, así como o premio do III Concurso de microrrelatos eróticos.

 Ademais de agradecer á asistencia do alcalde e veciños de A Guarda, Álvaro Villa dixo que non é tan importante o número de persoas que asistan a este acto poético, como o interese dos que tiveron a ben asistir. "Estoy seguro que esto se ha llenado de muchas sensaciones", dixo o escritor.

 O autor das Las Crónicas de Ava, presentou varios vídeos poemas da súa autoría, recitados por varias amigas, como Rosa Ayuso, Carmen Pascual, Esther Martínez, Oro Ontiveros,... 


Teresa Espejo Guardiola, técnica de Cultura do Concello de A Guarda, co escritor Álvaro Villa André
                                                 Foto: Infogauda

 Antes de dar por concluida á presentación, Rosa Ayuso deu lectura a algúns fragmentos de poemas que figuran sobreimpresos nas imaxes fotográficas que se inclúen no libro, e Álvaro Villa André voltou a intervir para expresar súa gratitude o Concello de A Guarda, o alcalde, os veciños, e a Teresa Espejo, técnica de Cultura do Concello.


Marisol Diz Amil, bibliotecaria municipal con Álvaro Villa, en presenza de Julia Sobrino
                                                    Foto: Infogauda


Julia Sobrino González, presidenta da Agrupación Cultural Guardesa, con Álvaro Villa André
Foto: Infogauda

 Finalmente o autor asinaría exemplares do su libro a tódalas persoas que desexaron abrir a fiestra interior do polifacético Álvaro Villa André, para adentrarse no seu particular cosmos literario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario