23 de xuño de 2017

GOIÁN

A ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO CLAUSURA O CURSO CON TRES OBRAS DIFERENTES 

AS REPRESENTACIÓNS TERÁN LUGAR ESTA FIN DE SEMANA NO AUDITORIO DE GOIÁN 


Infogauda / Goián

 A Escola Municipal de Teatro do Concello de Tomiño clausura o curso 2016/2017 coa presentación, esta fin de semana, no Auditorio de Goián, de tres obras de fin de curso, unha por cada tramo de idade.  

 O sábado, 24 de xuño, ás 20.30 horas, actuará, en primeiro lugar, o grupo dos “Medianos”, coa obra “Os trasnos de Pitocairo”, unha vila na que trasnos e nenos se alían para impedir a instalación dunha fábrica contaminante. 

 Seguidamente, os “Pequenos” porán en escena “Mamá gatiña”, unha peza que conta como unha gata, tenta preparar a merenda dos gatiños, a pesar da presenza dun molesto rato.  

 Finalmente, os “Maiores”, representarán “Cousas da Vida”, peza na que a trama xira arredor dunha compañía teatral que cancela a súa función, obrigando aos traballadores do teatro a converterse en improvisados actores. Esta actuación será o domingo, 2 de xullo, ás 20.30 horas.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario